Un investimento de 2,8 millóns de euros cun retorno "que calculamos vai estar por riba dos 15"
Por Diego Espiño
O maior evento deportivo dos organizados nunca en Pontevedra, a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon que se celebrará do 20 ao 24 de setembro, conta cun presuposto aproximado de 2.800.000 euros.
Así o recoñeceu en recentemente o alcalde de Pontevedra tras unha reunión do comité organizador xunto ao director deportivo da Federación Española de Tríatlon, Jorge García.
Desa cifra, 750.000 euros achegaraos directamente o Concello, acompañados de 500.000 euros da Deputación e 200.000 da Xunta de Galicia (50.000 xa foron achegados na Copa do Mundo celebrada en 2022). O resto do orzamento completarase con achegas de televisión e patrocinios privados.
Neste aspecto os responsables do comité organizador destacan os 300.000 euros nos que está valorada a produción televisiva do evento (con sinal internacional en directo para multitude de países) e que será asumida por Radio Televisión Española (RTVE), unha garantía de calidade xa que "son os que produciron o tríatlon nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, Río 2016 e Tokyo 2020", defendeu García.
Ademais, no que respecta aos patrocinadores, Inditex a través da firma Zara Athleticz colaborará con 150.000 euros, a empresa tecnolóxica xaponesa NTT achegará 60.000 euros e Globalia, responsable da organización dos aloxamentos, 70.000 euros. Tamén son patrocinadores a firma deportiva Asics, a marca de nutrición 226ers e "Estrella Galicia comprometeuse a participar".
"O presupospo foisenos un pouco das mans por cuestións de seguridade", explicou o alcalde da Boa Vila, afirmando que en todo caso espérase "unha repercusión económica que calculamos vai a estar por riba dos 15 millóns de euros", e que será obxecto dun estudo detallado por parte dunha empresa especializada. Ademais "calculamos 10 millóns de impactos mediáticos", asegurou Lores.
Relacionadas:
-
Ravachol, de símbolo do Entroido a imaxe da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Almu Dapena |
-
Jonathan Cancela: "Pontevedra é unha cidade que respira tríatlon"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Moto Bike ou o reto de ser servizo oficial dun Mundial: "Os problemas máis habituais son nos avións, que rompen as bicis"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Descobre os circuítos deseñados para a Gran Final das Series Mundiais
Por Almu Dapena |
-
Non falta nin un: Unha lista de saída elite coa flor e nata do tríatlon olímpico actual
Por Almu Dapena |
-
Consulta o horarios das carreiras que compoñen a Gran Final de Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Javier Gómez Noya: "Sinto moito orgullo de que a Gran Final se faga en Pontevedra, oxalá fose cinco anos antes"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Non só tríatlon: Unha 'galFESTA' poñerá o punto musical á Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño |
-
Recomendacións de tráfico e mobilidade para convivir cos mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
Unha 'galFESTA' poñerá o punto musical á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |