
© Mónica Patxot
O ministro Escrivá reclama "poner énfasis" nas políticas para as personas máis vulnerables

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
Os socialistas pecharon esta campaña das eleccións municipais do 28M coa visita dun novo ministro do Goberno que lidera Pedro Sánchez. Foi a do titular de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, que participou nun coloquio na Praza da Peregrina.
Durante a súa intervención, acompañado polo candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía, Iván Puentes, Escrivá destacou o "ambiente buenísimo" que están a ter as medidas propostas polo seu partido en materia social como o parque municipal de vivendas en alugueiro, o reforzo dos servizos sociais municipais ou a creación dunha oficina da dependencia.
"Son ese tipo de políticas, pensadas para las persoas más vulnerables, sobre las que hay que poner énfasis en esta campaña", subliñou o ministro de Seguridade Social, con administracións "que concilien bien con las políticas a nivel nacional y que sean complementarias".
A este respecto, destacou a importancia de que exista unha conexión entre as políticas nacionais "que protegen por arriba" e as políticas de proximidade, as que se impulsan desde os concellos, "que tienen esa misma disposición de pensar realmente en las personas".
Iván Puentes, pola súa banda, afirmou que "o cemento e as infraestruturas son moi importantes, pero tanto ou máis importantes son as persoas e garantir unha equidade, igualdade e liberdade de todos e todas con independencia da súa renda e posibilidades".
A presenza de Escrivá en Pontevedra, que o candidato socialista cualificou como o "ministro das persoas", é un "símbolo moi relevante" para pechar a campaña "falando de persoas".
Así, entre os compromisos de Puentes para o seguinte mandato figuran o de dotar a Pontevedra duns servizos sociais que conten con recursos humanos e materiais suficientes para acadar a mellor atención a toda a cidadanía.
Ademais, propón incrementar o número de Unidades de Traballo Social ata un total de trece e poñer en marcha unidades de atención social descentralizadas nos barrios de Pontevedra.
O PSOE pecha a campaña das municipais coa visita do ministro José Luis Escrivá
Os socialistas pecharon esta campaña das eleccións municipais do 28M coa visita dun novo ministro do Goberno que lidera Pedro Sánchez. Foi a do titular de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, que participou nun coloquio na Praza da Peregrina
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
O PSOE apela a desbotar "viejas recetas" para "relanzar" Pontevedra con Iván Puentes á fronte
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Puentes quere cubrir a praia de vías de Conde Bugallal para crear o maior aparcamento disuasorio da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE quere converter a beira do Lérez nunha 'terraza fluvial' na que "mollar os pés"
Por Manu Otero |
-
Un carril de tráfico e conexión co Paseo das Palmeiras, o plan do PSOE para Raíña Vitoria
Por Manu Otero |