O PSOE quere aproveitar o 'ciclón vigués' e crear unha marca propia para o Nadal pontevedrés
Un "Nadal de Conto" que aproveite o 'ciclón vigués' e cree unha marca propia. Esa é unha das propostas que recolle o programa electoral co que o PSOE se presenta ás eleccións municipais de Pontevedra para dinamizar a economía de Pontevedra.
O candidato á Alcaldía, Iván Puentes, e a número 2, Yoya Blanco, presentaron esta proposta na praza da Peregrina no marco do coloquio 'Hoxe falamos de... Promoción Económica', no que os socialistas expuxeron as súas principais ideas e proxectos en materia de dinamización económica, comercio e emprego.
Esta marca específica para o Nadal pontevedrés buscaría conseguir que parte do público que se achega nesas datas a Vigo tamén se desprace a Pontevedra. Para logralo, propoñen a convocatoria dun concurso de contos e a selección dos mellores relatos presentados para recrear, a partir dos seus argumentos, escenarios monográficos en diversas prazas e espazos públicos do municipio.
Iván Puentes considera que a cidade debe estudar novas fórmulas para a celebración do Nadal, pois demostrou estar "caído na rutina" e o pasado ano tamén foi "vítima dunha nefasta xestión en algo tan básico como a instalación do alumeado". Con estas afirmacións fai referencia á polémica xerada polo atraso na iluminación da cidade do decembro pasado.
O alcaldable do PSOE considera que "o desbordante éxito do Nadal que puxo en marcha a cidade de Vigo, exuberante en recursos lumínicos, non pode verse con resignación ou desencanto en Pontevedra", senón que pode converterse nun estímulo para lograr que parte dos seus visitantes recalen tamén na capital.
Yoya Blanco, actualmente concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, explicou que o obxectivo sería fomentar a interrelación co público a través de atrezzos temáticos que estimulen a fotografía popular.
O programa dos socialistas tamén pretende impulsar a constitución dunha Oficina Municipal de Promoción Económica, Emprendemento e eEmprego co obxectivo de acadar fondos, axudas e subvencións en tódalas administracións, dándolle especial relevancia a liñas de partidas europeas como os Next Generation.
Ademais, Iván Puentes incidiu na necesidade de desbloquear a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) "a fin de xerar novo solo industrial e de servizos e de axilizar os trámites de concesión de licencias".
Yoya Blanco avogou tamén por un comercio local para a Pontevedra de hoxe, impulsando o comercio dixital e promovendo unha plataforma municipal de venda e distribución que adapte o comercio de proximidade ás novas formas de consumo e poña freo a competencia das grandes superficies.
Coloquio 'Hoxe falamos de... Promoción Económica', con Iván Puentes e Yoya Blanco
Iván Puentes e Yoya Blanco protagonizaron este sábado na Praza da Peregrina o coloquio 'Hoxe falamos de... Promoción Económica', no que os socialistas expuxeron as súas principais ideas e proxectos en materia de dinamización económica, comercio e emprego
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
O PSOE apela a desbotar "viejas recetas" para "relanzar" Pontevedra con Iván Puentes á fronte
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Puentes quere cubrir a praia de vías de Conde Bugallal para crear o maior aparcamento disuasorio da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE quere converter a beira do Lérez nunha 'terraza fluvial' na que "mollar os pés"
Por Manu Otero |
-
28M | Iván Puentes (PSOE): "Pontevedra ten que saír da súa zona de confort. O feito está ben pero necesitamos máis"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Puentes, sobre a campaña de Lores: "Cando non tes nada novo que ofrecer, vendes medo"
Por Redacción |
-
Os candidatos do PSOE á alcaldía de Pontevedra e Campo Lameiro prometen unha rede conxunta de sendas fluviais
Por Redacción |
-
Miquel Iceta pide o voto para Iván Puentes porque "a Pontevedra le toca un buen meneo"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Alugueiros a prezos "razoables", obxectivo do parque municipal de vivenda que promete Iván Puentes
Por Alejandro Espiño |
-
Aposta do PSOE por impulsar o uso do galego nunha Pontevedra que está "fortemente castelanizada"
Por Alejandro Espiño |