Compromiso de Lores para ampliar os estándares de calidade de vida nos núcleos residenciais das parroquias
Por Oskar Viéitez
Miguel Anxo Fernández Lores, candidato do BNG á Alcaldía e actual alcalde de Pontevedra, mantivo este xoves un encontro coa veciñanza de Campañó, no Local Social de Sabarís, acompañado de parte da súa candidatura.
Lores recordou a importancia que ten o rural dentro do modelo de Pontevedra que defende o BNG e cales son as súas aspiracións se volve a ser reelixido alcalde.
O candidato nacionalista recoñeceu o "orgullo do traballo feito nestes últimos anos" como os núcleos de centralidade parroquial onde se desenvolve a vida social das parroquias, "o traslado dos estándares de calidade de vida da cidade a todos os núcleos residenciais das parroquias garantindo a seguranza viaria e a accesibilidade", a creación dos parques forestais, a chegada do saneamento a todas as parroquias e o abastecemento ao 80% da poboación ou o cambio de iluminación led en todas as parroquias.
O candidato dixo ainda non estar conforme, xa que aspira a "continuar vertebrando os núcleos residenciais das parroquias" con novas infraestruturas negociadas coa Xunta e co Estado, "aumentando a calidade de vida seguindo solucións xenuínas e adaptadas á realidade de Pontevedra".
Citou como exemplos o caso dos novos núcleos de centralidade de Verducido, Santa María de Xeve ou Campañó na contorna do colexio, a recuperación patrimonial das parroquias como o caso de San Cibrán, en Tomeza, ampliar a rede de locais sociais dotados de equipamentos e actividades, completar a mellora da rede viaria de conexión interparroquial e tamén as vías internas dos núcleos residenciais e afondar na cohesión social de todas e cada unha das parroquias, entre outras moitas "propostas de futuro".
Relacionadas:
-
Lores cualifica a "enorme e sorprendente coincidencia de discurso" entre o PSOE e o PP como unha "pinza destructiva"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os plans de Lores para o monte: recuperar 7.000 hectáreas e que Pontevedra sexa o gran parque forestal das Rías Baixas
Por Redacción |
-
Lores quere que o Parque da Parda sexa un dos primeiros proxectos a executar no vindeiro mandato
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Lores, apoiado por Pontón e polo "aval de ter conseguido transformar unha cidade gris" para abrir un novo ciclo de 8-10 anos
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Lores: "Quen propón un novo PXOM está a propoñer unha volta atrás cara a Pontevedra do século pasado"
Por Alejandro Espiño |
-
Un centro tecnolóxico da auga, a proposta do BNG para recuperar o muíño do Gafos
Por Alejandro Espiño |
-
Lores reclama colaboración entre institucións para mellorar a rede viaria de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Lores afirma que "se os inimigos do feminismo chegan ao poder, volverán a poñer o nome do rei emérito no rueiro"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |