Alfonso Rueda, o 'herdeiro' do legado que deixou Núñez Feijóo en Galicia

Por Alejandro Espiño

© Partido Popular de Galicia

© Cristina Saiz

© EFE / Lavandeira Jr.

© Mónica Patxot
Tras unha crise interna sen precedentes, que supuxo a dimisión de Pablo Casado como presidente nacional do Partido Popular, a política nacional mirou cara a Galicia. Esta vez si, Alberto Núñez Feijóo deu o paso que moitos lle reclamaban. Tras trece anos na Xunta, optou por irse a Madrid.
A marcha do barón do PP galego, ata ese momento infalible nas eleccións con catro maiorías absolutas -a última delas había ano e medio-, deixou vacante o despacho de San Caetano. Aínda que foi por pouco tempo. O seu sucesor foi o pontevedrés Alfonso Rueda.
Era a opción máis lóxica, tendo en conta que Rueda fora durante todo este tempo un dos máis estreitos colaboradores de Núñez Feijóo. E, aínda que houbo quen amagou con dar o paso e mesmo sondou as súas opcións, acabou sendo o candidato aclamado por consenso.
Despois de semanas botando balóns fóra, o político pontevedrés confirmou a súa candidatura tras reunir a toda a xunta directiva provincial na Finca Batacos. Alí. coa voz crebada e case sempre emocionado, anuncioulles que presentaría a súa candidatura para presidir o PP de Galicia.
A substitución completouse nun congreso que, a finais do mes de maio, se celebrou en Pontevedra. Nel, arroupado polo propio Alberto Núñez Feijóo e por varios presidentes autonómicos, Alfonso Rueda asumía con "enorme ilusión e responsabilidade" tomar as rendas do partido.
Aínda que o reto máis importante xa comezara para el oito días antes, cando tomou posesión como o sexto presidente que Galicia tivo na súa época democrática.
Tras a despedida do seu antecesor, Rueda empezou a deslizar que con el á fronte da Xunta abríase unha "nova etapa" en Galicia na que ía aplicar o seu propio estilo. Iso si, reivindicando o "legado" do últimos trece anos de goberno, que se comprometeu a "ampliar e mellorar".
A oposición votou en contra da súa investidura. Tanto BNG como PSdeG-PSOE viron nel un discurso "autocomplacente" dun dirixente que "representa o pasado". Pero a ampla maioría parlamentaria dos populares non deixou marxe á sorpresa.
Desde entón, Alfonso Rueda, con maior ou menor acerto, tratou de forxarse o seu propio perfil, aínda que non o tivo fácil. Pontevedra, cidade na que segue vivindo tras renunciar a mudarse á residencia oficial de Monte Pío, segue sendo o seu refuxio.
E ata parece mellorar a súa relación co alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, á vista dos numerosos proxectos que ambos abordaron no encontro que mantiveron o pasado mes de outubro. Foi o primeiro 'cara a cara' entre ambos.
Alfonso Rueda, novo presidente do PPdeG tras o congreso celebrado en Pontevedra
O PP galego ten, desde este domingo, un novo líder. O pontevedrés Alfonso Rueda, que tomou posesión como presidente da Xunta hai apenas unha semana, foi proclamado como novo presidente do Partido Popular en Galicia
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda asume "con enorme ilusión" as rendas do PPdeG: "Serei moi esixente conmigo mesmo"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra márcalle a Alfonso Rueda o "camiño a seguir" para a quinta maioría do PP
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Alfonso Rueda toma posesión como presidente da Xunta. "Tócame agora subir á ponte de mando"
Por Oskar Viéitez |
-
Alfonso Rueda, sexto presidente da Xunta de Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
A oposición lamenta o discurso "autocomplacente" dun Rueda que "representa o pasado"
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda promete "aprender leccións" de todos os seus antecesores para "mellorar o legado destes anos de goberno"
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia "ten ganas de cambio", di a oposición tras a renuncia de Núñez Feijóo e ante un goberno "esgotado e falto de ideas"
Por Alejandro Espiño |
-
Núñez Feijóo, na súa despedida: "Galicia foi a miña mestra e dela aprendín que gobernar consiste en dialogar"
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda avanza unha "nova etapa" en Galicia na que aplicará "o meu propio estilo"
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda empeza o camiño para suceder ao "insubstituíble" Feijóo: "A quinta maioría absoluta empeza hoxe aquí"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os 'baróns' do PP achandan o camiño de Rueda tras avalalo como sucesor de Núñez Feijóo
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda, o relevo 'previsible' de Núñez Feijóo tras trece anos á súa sombra
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda presidirá a Xunta e o PPdeG tras pechar Feijóo a súa sucesión
Por Oskar Viéitez |
-
Apoio unánime do PP pontevedrés a Núñez Feijóo para liderar o partido en Madrid
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada