Novos podcast temáticos, moitos artistas e moitos libros encheron este 2022 en PontevedraViva Radio
Por Marisa Ciordia
A posibilidade de escoller que escoitar e en que momento supuxo que os podcasters atendan unha demanda de especialización temática. PontevedraViva Radio non queda atrás e tamén vai incorporando aos seus contidos este tipo de podcast temáticos.
Foi o caso de dous dos programas máis recentes. Por unha banda 'A min tamén me pasa', un podcast sobre psicoloxía e sexología xunto a Carlos Márquez Barros, psicólogo sanitario e sexólogo con perspectiva de xénero.
Doutra, 'ConéctaTEC' é unha proposta didáctica para penetrarse no manexo e coñecementos básicos das novas tecnoloxías. Neste caso contamos con outro profesional na materia, David López Pazos, adestrador tecnolóxico. A estes últimos súmanse os podcast musicais que segues atopando na nosa web: 'Os dez lanzamentos' con novidades semanais, 'Apuntes de jazz' ou 'El club de la esquina' con éxitos revival.
O 'Cara a cara' estivo repleto de artistas vencellados á música, uns noveis e outros con traxectoria: Manu di Noto, Laroá, Seso Durán, Javier Waterproof, Sheila Patricia, Cababelos, Cepeda, Izaro, Basti MCs, Familia Caamagno, Javier Lago, Igloo, The Same, Gabriel Peso, Ícaro, Arantxa Pérez ou Berto, pasaron por estes micrófonos en 2022. Resulta gratificante comprobar como nos fan chegar as súas novidades para que desde PontevedraViva Radio e PontevedraViva sexamos altofalantes dos seus comezos e do seu percorrido.
Tamén neste programa de entrevistas os libros tiveron e seguirán tendo atención. Trouxemos igualmente primeiros títulos de autores e últimos títulos de escritores xa sobradamente coñecidos: Paulo González Ogando, Ángel Arcay, Víctor Castro, Sandra Estévez, José Abel López, Perfecto Souto, Luis Boullosa, Miguel Anxo Álvarez, Álvaro Agulla, Carol Resurreción, Lola Fernández, Silvia Rodríguez, Eduardo Sánchez, IreniusX, José Ramón García, Seve Casalderrey, Juan Gómez Jurado, Luz Gabás, Cristina Campos, Dolores Redondo, Ángela Banzas, J.J Benítez, Carmen Posadas, Pedro Simón, Alejandro Palomas, Marta Robles e completamos cun profesor pontevedrés, Juan Baquero.
E das entrevistas aos faladoiros coas nosas 'Conversas na Ferrería' que atenderon a citas consolidadas como a feira taurina, ou o Festival de Eurovisión e tamén a eventos, aniversarios, convocatorias, premios, cuestións de actualidade e propostas que oíntes e lectores fannos chegar considerando que poden ser de interese.
Así que agradecementos a todas e todos e seguiremos atendendo propostas e engadindo contidos en 2023.
Relacionadas:
-
RADIO.- Dolores Redondo descóbrenos o momento fundamental da súa adolescencia en Vázquez Lescaille de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Vas darlle o seu primeiro móbil? Escoita antes 'ConéctaTEC' para a túa seguridade e a do menor
Por Redacción |
-
RADIO.- El podcast 'A mí también me pasa' habla de la sexualidad femenina
Por Redacción |
-
RADIO.- Falamos con Cepeda pouco antes de estrear 'Pastillas rosas' que cantará en directo en Sanxenxo
Por Marisa Ciordia |