Andrés Núñez Rajoy: "Compromiso é a casa de todos e, máis, da xuventude"
Por Redacción
A candidatura de Compromiso por Galicia despediu a campaña cunha "Festa do sombreiro" no Pub Moma, na zona monumental. Á reunión asistiron membros da lista, simpatizantes e amigos, baixo a condición de facelo portando un sombreiro.
No acto falou o candidato á alcaldía, Andrés Núñez Rajoy, que lembrou que "Compromiso é a casa de todos e, en especial, da xuventude, que é a que ten sufrido máis nos últimos anos, e para a que buscamos unha Pontevedra con futuro".
O candidato tamén lles agradeceu aos membros da lista electoral e ós simpatizantes o esforzo realizado durante os días de campaña. "A pesar das dificultades, Compromiso por Galicia demostra cada día que é posible facer política con honestidade e preto da xente", lembrou o candidato, que se mostrou optimista de cara a cita electoral do domingo.
Ao longo desta campaña Andrés Núñez Rajoy fixo propostas centradas en dous dos grupos de idade que teñen máis dificultades na sociedade actual, como son os maiores e xóvenes. Para potenciar o emprego e a calidade de vida deste último grupo plantexou un paquete de máis de vinte medidas entres os que se inclúen o Clúster das Artes e o Deseño no antigo edificio de Hacienda, a Oficina Municipal do Autónomo e o Consello Local da Xuventude.