Andrés Núñez Rajoy, candidato de Compromiso, ofrece a creación dun plan comarcal de emprego
Por Redacción
Andrés Núñez Rajoy, candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Pontevedra, mantiña este mércores un encontro con Jesús Rey e José María Corujo, presidentes da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) e da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (AEMPE).
O candidato asistía con Berta Roldán, a número 2 da lista electoral que presenta a estes comicios. No encontro Núñez Rajoy manifestou a súa intención de crear un plan de emprego que integre a toda a comarca de Pontevedra. Indicou que o Concello por se só non pode facer fronte ao problema do desemprego pero si que pode loitar en colaboración con outras administracións.
Neste sentido expón a colaboración con outros concellos e entidades locais para establecer e recuperar conexións comerciais con polos económicos da provincia como Vilagarcía, Marín ou Lalín.
A este encontro tamén asistiron Pablo Currás e Hermenegildo Rodriguez, vicepresidentes de AJE e AEMPE.
O candidato de Compromiso tamén visitou varios 'coworking' da cidade e sinalou que estes centros, cuxo núcleo de traballo son os autónomos e emprendedores, han de ser un dos piares no funcionamento da Oficina Municipal do Autónomo que propón o seu partido. Este servizo enfócase a fomentar e axudar a que os xóvenes teñan un futuro laboral en Pontevedra.
Esta oficina ofrecerá servizos tales como a asesoría estratéxica, estudos de mercado, busca de inversores, axuda á redacción dun plan de empresa, ou asesoría fiscal básica. Aspectos que agora un emprendedor só obtén mediante o seu investimento e que limitan o seu emprendemento.
Relacionadas:
-
O divertido vídeo de Andrés Núñez Rajoy, de Compromiso por Galicia, coas súas propostas para a cidade
Por Redacción |
-
Compromiso propón traxectos subvencionados de taxi en rutas rurais
Por Redacción |
-
Compromiso quere que se instale en Pontevedra o Campus de Estudos en Administracións Europeas
Por Redacción |