Torres, o candidato de Vox que madruga para recibir os militares da Brilat
Por Redacción
O candidato de Vox á alcaldía de Pontevedra, José Manuel Torres, acudía ao aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela a recibir aos militares da Brilat que regresaban a Pontevedra despois de pasar seis meses nunha misión no Líbano.
A chegada producíase ás 6.55 da mañá e o representante de Vox, cumprindo co lema do partido da "España que madruga", tomaba a mañá para acudir a este encontro no que entre os militares conta con amigos e coñecidos.
A esta cita acompañábanlle Miguel Paz e Carina López, os números 2 e 3 da candidatura deste partido. A agrupación quere con este xesto recoñecer o labor que realizan as Forzas Armadas no exterior, un traballo que consideran "un motivo de orgullo para todos os españois".