Compromiso quere que se instale en Pontevedra o Campus de Estudos en Administracións Europeas
Por Redacción
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia ( CxG) e candidato ao Parlamento Europeo pola coalición CEUS, que encabeza o Partido Nacionalista Vasco, visitaba este domingo Pontevedra. Durante o percorrido que realizou polo centro da cidade estivo acompañado polo candidato de Compromiso á alcaldía de Pontevedra, Andrés Núñez Rajoy, ao que agradeceu o traballo que está a realizar durante a campaña.
Piñeiro prometeu levar a cabo propostas na loita contra o desemprego e a formación da mocidade. A súa intención é que Pontevedra acolla o Campus de Estudos en Administracións europeas, como unha titulación especializada de Dirección e Xestión Pública, que xa existe no campus pontevedrés.
Tamén propoñerá que se instale en Pontevedra o Instituto de Relacións Internacionais UE- Mercosur, co obxectivo de encargarse da vixilancia dos tratados de libre comercio da Unión Europea cos paises de Sudamérica.
O representante de CxG entende que a estreita relación de Galicia cos países de América do Sur favorecen a actividade comercial e o emprego.
Relacionadas:
-
Andrés Núñez Rajoy, candidato de Compromiso, ofrece a creación dun plan comarcal de emprego
Por Redacción |
-
O divertido vídeo de Andrés Núñez Rajoy, de Compromiso por Galicia, coas súas propostas para a cidade
Por Redacción |
-
Compromiso asignará un concelleiro a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Os residentes e o persoal de comercios terán prioridade para aparcar se vence Compromiso
Por Redacción |
-
Compromiso invita a loitar pola igualdade a través do deporte base e os equipos mixtos
Por Redacción |
-
Compromiso por Galicia fai súas as demandas de melloras laborais dos policías locais
Por Redacción |