Cidadáns quere cambiar os vehículos municipais por coches eléctricos ou híbridos
Por Redacción
Goyo Revenga, candidato de Cidadáns Pontevedra, promete a creación dunha cidade sustentable que sexa líder en xestión ambiental. Desta forma recolle no seu programa a toma de medidas, se acada a alcaldía de Pontevedra, que fomenten a edificación intelixente cun cambio de modelo de construción.
A idea é primar a xestión intelixente dos inmobles para lograr o compromiso de "pegada cero de CO2". As empresas promotoras que se impliquen nesta proposta contarán cun mellor tratamento fiscal e de taxas.
Ademais, Revenga ten previsto acometer outras medidas como a renovación da actual frota de vehículos municipais que realizan altas emisións. O candidato de Cidadáns quere cambialos por coches eléctricos e híbridos para que a administración sirva de exemplo. Ademais propón a instalación de puntos de recarga eléctrica para vehículos e de subministración de combustible de Gas Natural Comprimido e de Gas Licuado de Petróleo.
Tamén aposta por unha reforma do actual sistema de recollida de residuos sólidos urbanos con especial atención para o centro histórico. A idea de Cidadáns é terminar co "feísmo" que provocan os contedores verdes na zona monumental a través da súa ocultación. A iniciativa contempla, ademais, a instalación de minipuntos limpos onde se recollan pilas, aceite e aparellos electrónicos.
A estas medidas sumaríase a ampliación do horario de recollida de voluminosos.
Relacionadas:
-
Pontevedra ten 109 vehículos eléctricos censados e conta con 21 puntos de recarga
Por Redacción |
-
María Rey pídelle ao PP "que deje el pico y coja la pala" para que Monte Porreiro non quede sen pediatra
Por Diego Espiño |
-
Reducir a viñeta de circulación e conxelar o IBI, entre as propostas fiscais de Cidadáns Pontevedra
Por Redacción |
-
Crear unha "policía de barrio", proposta de Cidadáns para mellorar en seguridade
Por Redacción |
-
Goyo Revenga propón habilitar unha oficina de atención cidadá móbil que percorra o rural pontevedrés
Por Redacción |
-
Cidadáns pide "poner la tecnología que hace falta" para mellorar a depuradora dos Praceres sen ampliala
Por Diego Espiño |
-
"Sen transporte urbano Pontevedra está abocada a morrer por compracencia, inanición e falta de oportunidades"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |