Rafa Domínguez reivindica o antigo edificio de Facenda como futura casa de cultura
Por Redacción
O PP rescatou este venres, Día das Letras Galegas, unha das súas primeiras propostas electorais: a conversión do antigo edificio de Facenda en San Francisco nunha casa de cultura municipal que leve o nome de Alexandre Bóveda.
O candidato popular, que estivo acompañado pola número 4 da candidatura, Ana Isabel Vázquez, asegurou que este equipamento, actualmente abandonado, acollería a todos os sectores involucrados no eido cultural.
As instalacións contarían cunha biblioteca pública municipal especializada en literatura infantil e xuvenil, en literatura galega e no cómic; con salas de exposición, con salas de lectura e estudo, cun salón de actos e cun centro interxeneracional e inclusivo.
Tamén albergaría os arquivos municipais, provincial e histórico, converténdoo nun gran centro de investigación.
Rafa Domínguez engadiu que a súa proposta para a cultura inclúe a creación dun clúster cultural que contribúa a que a cultura "sexa un elemento catalizador de riqueza e da xeración de emprego".
"Queremos poñer en valor o enorme potencial cultural que temos. Pontevedra ten que ser un referente cultural no só a nivel galego, senón de todo o noroeste da península", sentenciou o candidato popular.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez ofrece a colaboración da Deputación para converter o antigo edificio de Facenda en biblioteca
Por Natalia Puga |
-
Cultura quere converter o edificio de Facenda en San Francisco no Arquivo Histórico Provincial
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez arríscase na súa protesta contra o exceso de lombos
Por Redacción |
-
O PP promete conceder as axudas aos clubs deportivos "en tempo e forma"
Por Redacción |
-
O PP considera que o Gran Montecelo e a residencia de maiores serán unha "revolución" para Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez comprométese a aprobar un novo PXOM no seu primeiro mandato
Por Oskar Viéitez |