Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o modelo urbano pontevedrés
Por Natalia Puga
Os programas electorais dos partidos políticos que pugnan por facerse cun oco na Corporación municipal que sairá das eleccións do próximo 26 de maio permiten albiscar cal é a Pontevedra que quere cada un. Non resulta posible comparalos ao pé da letra en todos os seus apartados pola gran diversidade das propostas duns e outros, pero PontevedraViva seleccionou seis aspectos para tentar confrontar a idea de cidade de cada un.
Cultura, deportes, modelo urbano, rural, dinamización da cidade e promoción económica van ser debullados. Os proxectos para outros ámbitos importantes para a cidadanía poden consultarse no poden consultarse no especial electoral que publica a diario este xornal.
Estas son as propostas dos distintos partidos en relación co modelo urbano de Pontevedra:
BNG:
- Incrementar e protexer as zonas de uso público, convivencia e lecer que inciden directamente na calidade de vida tanto no rural como no urbano e son unha necesidade urxente: prazas, rúas, parques, xardíns, equipamentos colectivos...
- Aposta do modelo de cidade polo feminismo impulsado en todas as áreas de xestión, desde o urbanismo ata a cultura.
PP:
- Implantación do transporte público urbano e metropolitano.
- Extensión do modelo urbano do centro aos barrios.
PSOE:
- Levar aos barrios o modelo de 'supermazás', con tráfico restrinxido, aplicado con éxito noutras cidades como Victoria ou Barcelona. O primeiro proxecto deseñado abrangue á área comprendida entre Valdecorvos, O Castañal e Loureiro Crespo.
- Plan de Transporte público interurbano que permite enlazar o centro coa periferia e cos concellos limítrofes, con horarios adaptados ás necesidades reais e tarifas axustadas.
MAREA PONTEVEDRA:
- Retomar o proceso de redacción e posta en marcha dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Crear unha empresa pública que promova unha primeira liña de autobuses urbanos e xestione tamén os aparcamentos públicos e o guindastre.
CIDADÁNS (Cs):
- 'Lombos non'.
- Proxecto ATEMPo: Área de Transporte Ecoeficiente Municipal de Pontevedra, autobuses urbanos desde o rural e aparcamentos disuasorios gratuítos con saída de minibuses que percorrerán o centro urbano
COMPROMISO POR GALICIA:
- Facer que o peirao das Corvaceiras sexa unha continuidade da cidade. Poñelo en valor para que os Pontevedreses poidan gozar del. O Centro de Interpretación do Lérez será o punto central do conxunto. Nel convivirán o deporte, o lecer e a cultura.
- Completar o plan de transporte urbano co uso do taxi compartido para traslados desde e para o rural. Estableceranse roteiros por todo o municipio, por exemplo cara ao CHOP. O servizo, subvencionado polo concello, solicitarase seguindo un modelo semellante ao que ten a app BlaBlaCar.
PODEMOS:
- Recuperar a ría para a cidadanía. Transformación da actual PO-11 nunha estrada de dúas vías, creando un bulevar con carril bici e paseo peonil, retirando a actual pasarela, eliminando as barreiras visuais, creando unha barreira verde no actual lugar da mediana e recuperando unha parte do areal de Lourizán.
- Mellorar con intervencións urbanísticas nos distritos máis deteriorados coa idea de recuperar o seu carácter histórico, rehabilitar e mellorar as construcións e crear itinerarios de tráfico peonil e rodado que permitan o crecemento de lugares de lecer, de comercio local e recuperen as actividades perdidas.
VOX:
- Ampliación das zonas verdes da cidade e mellorar o estado das beirarrúas e pavimentos de calzadas no centro urbano e Monte Porreiro.
- Aumentar as prazas de aparcamento gratuíto para os pontevedreses do rural.
Relacionadas:
-
Familia, traballo, vida persoal e... campaña: os malabares para conciliar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos no ámbito deportivo
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos no ámbito deportivo
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: do turismo ás festas. Así propoñen dinamizar a vida da cidade os distintos partidos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: do turismo ás festas. Así propoñen dinamizar a vida da cidade os distintos partidos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o rural pontevedrés
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: consulta as propostas dos partidos para o rural pontevedrés
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos para a promoción económica de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Rumbo ao 26M: compara as propostas dos partidos en materia cultural
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Só pode quedar un, quen será o próximo alcalde de Pontevedra?
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |