Debate no Sánchez Cantón: Que entenden vostedes por política?
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Pouca expectación levantou o debate político que se celebraba este martes no instituto Sánchez Cantón, organizado pola nova emisora deste centro, "Onda Sánchez", nome que aproveitou o socailista Tino Fernández para afirmar que era "moi acertado", en referencia ao presidente do Goberno.
Xunto ao candidato do PSOE atopábanse o candidato do BNG, Miguel Anxo Fernández Lores; o do Partido Popular, Rafa Domínguez; Luís Rei, candidato de Marea Pontevedra e María Rey, a número dous de Ciudadanos.
"Que entenden vostedes por política?" foi a primeira pregunta realizada polo presentador, un estudante do centro. E lonxe de retóricas centradas nos fundamentos latinos ou gregos da palabra, os representantes políticos comezaron a facer reflexións sobre a necesidade de escoitar cando se asume o goberno local. No patio de butacas, a penas había 50 persoas, moi poucos mozos, que sentaban nas primeiras filas do salón de actos.
Na segunda pregunta comezaron os ataques de maneira máis directa. Cada un dos participantes no debate explicou as súas promesas estrela. Rafa Domínguez comezou indicando que quedaba moito por facer en Pontevedra, entre outros puntos destacou a necesidade dun transporte urbano ante as dificultades que ten moitos cidadáns para poder desprazarse.
Luis Rei afirmou que o seu gran proxecto é abrir Pontevedra ao mar na zona das Corvaceiras coa recuperación do barrio de San Roque.
Tino Fernández foi máis cauto ao apuntar que un programa municipal se basea en moitas propostas estrela porque afectan a distintas zonas e coincidiu co PP na mellora do transporte público, pero engadiu o pagamento de subvencións a clubs deportivos ou a posta en marcha do proxecto do Hospital Montecelo.
María Rey indicou que existe un orzamento no Concello suficiente para dotar de bilbiotecas, garderías ou casas de acollida de titularidade municipal e sinalaba que ese era un dos principais aspectos a mellorar.
Miguel Anxo Fernández Lores, pola súa parte, sinalou que a súa promesa se centra na mellora do medio ambiente en relación coas persoas coa recuperación da ría, o traslado de Ence e que as persoas sigan a ser o máis importante no espazo urbano. O candidto do B¨NG destacou que en 8 anos grazas aos lombos, criticados previamente por María Rey, foran fundamentais para evitar falecidos nas estradas do municipio e destacou os premios concedidos a Pontevedra en Nova York ou o aportado pola ONU.
A partir dese momento, o debate entrou nun enfrontamento sobre quen era o máis demagogo dos políticos presentes con críticas á xestión de Lores. María Rey culpouno da falta dun plan industrial; Rafa Domínguez criticou que Pontevedra sexa a ría máis contaminada de Europa polas verteduras fecais; Luís Rei preguntábase como o Concello podía lotar contra o cambio climático do planeta e Tino Fernández criticaba a xestión deportiva con 60 clubs que levan desde o 2017 sen cobrar as axudas municipais.
O debate cortouno o presentador facendo unha pregunta de cara ao futuro: que propostas tedes para a mocidade?
Relacionadas:
-
O IES Sánchez Cantón recolle o premio Proxecta de innovación educativa
Por Redacción |
-
78.000 pasos e moita lambetada para dar a coñecer a mensaxe socialista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"Hai máis proximidade entre o goberno de Lores e o PP que entre o goberno de Lores e Marea Pontevedra"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Alumnos e profesores do Sánchez Cantón fabrican sextantes
Por Oskar Viéitez |
-
Só pode quedar un, quen será o próximo alcalde de Pontevedra?
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |