Podemos quere converter a Avenida da Coruña nunha "rambla urbana" peonil
Por Redacción
Pontevedra, recorda a coalición Podemos-EU-Son en Común, non remata no Lérez. Por iso, unha das súas propostas máis ambiciosas pasan por "poñer no centro" a vida dos veciños do Burgo. E, neste contexto, propoñen que a avenida de Coruña recupere o seu carácter de "rambla urbana", facéndoa peonil e recuperando o seu carácter de servizos e comercio.
Esta proposta forma parte do "Plan de Distrito 5" co que buscan mellorar a estrutura viaria dun Lérez "que parece que acaba no estadio Pasarón", deixando as rúas da zona "baleiras de vida, con beirarrúas angostas ou con dobre vía de circulación" e sen comunicación coa zona universitaria e os institutos a pesar do seu crecemento.
O candidato de Podemos-EU-Son en Común, José Ramón Otero, recordou que o seu partido propoñe mellorar con intervencións urbanísticas os distritos máis deteriorados -como Lérez- coa idea de recuperar o seu carácter histórico, rehabilitar e mellorar as construcións, crear itinerarios de tráfico peonil rodado e recuperar espazos comerciais e de lecer.
Ademais, Otero avanzou que a súa intención de demandar a incorporación do treito final da N-550 como vía urbana, nivelando o paso pola zona universitaria para comunicalo con Médico Ballina e comunicar coas marismas de Alba, dignificando o tramo do camiño de Santiago que atravesa pola rúa da Santiña.
Todas estas propostas foron presentadas aos veciños de Lérez nunha andaina que o candidato desta coalición realizou este luns acompañado, entre outros, polos deputados autonómicos de En Marea, Marcos Cal e Julia Torregrosa.
Relacionadas:
-
Podemos promete estudar a compra da praza de touros para programar ocio e cultura
Por Redacción |
-
Podemos-EU-Son en Común presenta en dixital o seu programa para estas municipais
Por Redacción |
-
Podemos propón crear un parque municipal de vivendas de aluguer
Por Redacción |
-
Podemos e Esquerda Unida presentaranse xuntos ás municipais en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
As primarias de Podemos confirman a José Ramón Otero como candidato á Alcaldía de Pontevedra
Por Natalia Puga |