Cidadáns pide "poner la tecnología que hace falta" para mellorar a depuradora dos Praceres sen ampliala
Por Diego Espiño
Para Cidadáns a mellor solución para a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres, e por tanto para mellorar o estado da ría, pasa por "poner la tecnología que hace falta" para que poida funcionar ao máximo das súas posibilidades.
O candidato da formación laranxa, Goyo Revenga, así o asegurou este luns antes de acompañar ao número catro de Cidadáns ás eleccións europeas, Javier Nart, a un encontro con representantes das confrarías da ría e do Gremio de Mareantes.
Segundo Revenga a depuradora estaba deseñada para un volume de poboación que non se alcanzou, polo que "lo que hay es que ponerla en funcionamiento" realizando melloras e "no poner más cargas en los habitantes de Lourizán".
Para o candidato a contaminación que soporta a ría de Pontevedra "es de e-colis, eso tenemos que dejarlo claro", polo que tamén pediu ao á administración local que se implique neste asunto acometendo a separación da rede de augas pluviais e fecais.
Xunto a el, Javier Nart lembrou que a Unión Europea "está proporcionando una importante cantidad para que se produzca la depuración de las aguas", situación que entende débese aproveitar desde os municipios para acabar co problema de contaminación nas rías galegas.
Relacionadas:
-
Cidadáns quere cambiar os vehículos municipais por coches eléctricos ou híbridos
Por Redacción |
-
Crear unha "policía de barrio", proposta de Cidadáns para mellorar en seguridade
Por Redacción |
-
Goyo Revenga propón habilitar unha oficina de atención cidadá móbil que percorra o rural pontevedrés
Por Redacción |
-
Cidadáns defende a creación de "un área lúdico deportivo" no río Lérez e Illa das Esculturas
Por Diego Espiño |
-
"Sen transporte urbano Pontevedra está abocada a morrer por compracencia, inanición e falta de oportunidades"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Cidadáns propón catro parques caninos en Pontevedra
Por Redacción |