Cristian Fernández e o incombustible Manuel Cruces, medallistas pontevedreses no Mundial de acuatlón
Por Diego Espiño & Xan Xiadas
A gran xornada para o deporte galego vivida nas carreiras elite, sub-23 e júnior do Mundial de acuatlón celebrado este xoves en Pontevedra dentro do ITU Multisport, tiveron continuidade nas categorías de grupos de idade.
Nelas destacaron dous pontevedreses, que levaron os maiores aplausos ao longo de todo o percorrido. Sobre todo Cristian Fernández, adestrador do Club Natación Galaico e que estivo animado durante boa parte do percorrido por amigos e tamén polos seus pupilos no club respondendo con un gran resultado ao agarimo.
Cristian conseguiu na casa o premio gordo, e xa pode presumir de ser todo un campión do Mundo de acuatlón, tras completar o sector de natación e a carreira a pé nun tempo de 29 minutos e 55 segundos, permitíndose o luxo de gozar do final do percorrido ao chegar a meta con case dous minutos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor.
O seu tempo foi o mellor non só no seu grupo de idade (25-29 anos), senón o máis rápido de todos os competidores. Atafegado, non parou de recibir felicitacións tras cruzar a meta.
Pero se o seu esforzo foi máis que destacable, que dicir do incombustible Manuel Cruces. Un dos pioneiros do tríatlon na cidade, todo un subcampión do Mundo de longa distancia no ano 2012, adornou o seu extenso palmarés cun novo metal ante os seus. Cruces, ao que nin un atropelo no ano 2005 conseguiu apartarlle do deporte, conseguiu a medalla de prata mundialista no seu grupo de idade (75-79) ao completar o percorrido en 56 minutos e 38 segundos, superado só polo estadounidense Robert Plant.
Sete deportistas figuraban na lista de saída deste grupo idade, dando todos eles todo un exemplo de vitalidade, capacidade de sacrificio e superación que soubo agradecer o público que se apiñaba a beiras do río Lérez.
GRAN ACTUACIÓN DOS PARATRIATLETAS
Completou a xornada a competición de paratríatlon-acuatlón, onde o equipo español sumou nada menos que seis medallas nas distintas modalidades.
Unha delas, de ouro, chegou de man da viguesa Susana Rodríguez, atleta con experiencia olímpica e que se impuxo en PTSVI. Ademais Ricard Marín proclamouse campión da categoría PTS2 e Juan Jesús Aguiar fixo o mesmo en PTS4.
Pola súa banda Antonio Franco e Lluis Marc Pellicer acabaron segundo e terceiro respectivamente en PTS5 por detrás do xaponés Tetsuki Kaji, mentres que José Manuel Quintero fíxose coa medalla de prata en PTWC.
Relacionadas:
-
Campión do Mundo! Cristian Fernández colga o ouro no mundial de acuatlón
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Cristian Fernández estrea internacionalidade elite con prata no Europeo de Acuatlón
Por Redacción |
-
Combarro volve respirar acuatlón durante un día
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Poio dá a coñecer aos Premios San Xoán 2019 ao deporte local
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Cristian Fernández: Ata o infinito e máis aló, Tianillo!
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Pontevedra vibra nun multitudinario fin de festa do ITU: "Palabra que isto algún día se repetirá"
Por Redacción & Xan Xiadas |
-
VÍDEO.- Pontevedra explota de xúbilo co ouro mundial de Gómez Noya e a prata de Pablo Dapena
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Dobre medalla española na proba feminina do Mundial de Longa Distancia, con Saleta Castro novena
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Tripla medalla galega nas probas sub-23 e júnior do Mundial de acuatlón
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Aida García e María Fernández repiten podio nos grupos do idade do Mundial de tríatlon cros
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Os ouros de Manuel Ojea e Aida García, alegrías locais nos mundiais de dúatlon
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |