Confirmados os horarios definitivos do ITU Multisport Festival de Pontevedra

Por Redacción
Cada vez queda menos para que Pontevedra se converta na auténtica capital mundial do tríatlon co ITU Multisport Festival, que se celebrará entre o 27 de abril e o 4 de maio e que supoñerá a disputa na cidade dos campionatos do mundo de Dúatlon, Acuatlón, Tríatlon Cros, Aquabike e Tríatlon de Longa Distancia.
A organización do evento publicou este xoves os horarios definitivos de todo o evento, con información detallada sobre a recepción de deportistas, adestramentos, carreiras e as diferentes actividades relacionadas co Festival Multideporte.
Está previsto que a competición se inicie o sábado 27 de abril co dúatlon, empezando en horario matinal (desde as 8:00 horas) coa modalidade sprint e as categorías de grupos de idade, mentres que os elite e sub-23 entrarán en acción ás 11:30 da mañá en categoría masculina e ás 13:45 horas na feminina. Xa pola tarde será a quenda do Dúatlon Standard, cos grupos de idade desde as 16:00 horas e a proba 'open' ás 16:45 horas.
O domingo 28 de abril, tras os cambios provocados pola convocatoria de eleccións xerais, só se celebrarán as probas de dúatlon-paratríatlon (9:00 horas) e as carreiras de dúatlon júnior feminina (11:15 horas) e masculina (12:00 horas).
A actividade retomarase o martes 30 de abril co tríatlon cros, empezando pola carreira júnior masculina (13:30 horas) seguida da feminina (13:35 horas) e paratríatlon (13:40), coas carreiras elite masculina ás 15:30 horas e feminina ás 15:35 e os grupos de idade desde as 15:45 horas.
O seguinte día de competición será o xoves día 2 de maio coas probas de acuatlón, comezando coa carreira elite, sub-23 e júnior masculina (15:00 horas), continuando a feminina (15:05), o paratríatlon (15:30) e por últimos os grupos de idade e open (desde 16:00 horas).
Por último o sábado 4 de maio disputarase o tríatlon de longa distancia, no que competirán figuras locais como Pablo Dapena, Gómez Noya e Saleta Castro, e o aquabike. A longa distancia dará a saída ben cedo, ás 8:00 horas coa proba masculina e ás 8:05 coa feminina, co paratríatlon ás 8:10 e os grupos de idade desde as 8:25 horas. En canto ao aquabike, as carreiras partirán ás 9:15, 9:20 e 9:30 horas.
Consulta aquí todos os horarios detallados do ITU Multisport Festival de Pontevedra 2019.
Relacionadas:
-
Do you speak english? A hostalería pontevedresa prepárase para os Mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
A hostalería da cidade implícase no ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |
-
A Policía Local resolverá dúbidas veciñais sobre cortes de tráfico durante os mundiais de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra agarda unha 'invasión' británica durante o ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
Os mundiais de tríatlon non cortarán a rúa Xosé Malvar nin o domingo electoral nin días de semana
Por Diego Espiño |
-
O ITU Multisport Festival modifica o seu calendario debido ás eleccións xerais
Por Redacción |
-
O ITU Multisport Festival de tríatlon chega á cifra de 250 voluntarios
Por Redacción |
-
Máis de 600 triatletas nacionais inscribíronse xa para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño |