Multitudinaria, histórica e… imparable
Por Oskar Viéitez
A do pasado 8 de marzo foi unha folga feminista inédita. No 2018 a celebración do Día Internacional da Muller asolagou as rúas en 120 cidades españolas e tamén as da Boa Vila, que desbordaron as expectativas.
A violencia machista, o abuso, a fenda salarial, a precariedade laboral, a sobrecarga nos coidados, a discriminación, o teito de cristal, a conciliación,… un berro de BASTA! ás agresións, humillacións, marxinacións ou exclusións.
"Paramos para cambialo todo", "Se as mulleres paramos, se para o mundo" ou "Vivas, libres e unidas pola igualade", "Por nós. Polas que non están, polas que virán", foron algúns dos lemas coreados nunha Pontevedra morada na que a fartura explotou.
Parte do éxito da convocatoria débese ao esforzo de difusión das xornalistas, un dos colectivos que secundou o paro con máis forza, cun impacto notable nas redaccións.
"Este día estudarase nos libros de historia", proclamaron as organizadoras.
Isto é imparable.