Dez anos despois, o lume volveu sementar o pánico

Por Redacción

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
A historia repetiuse dez anos despois. Pasada unha década da tráxica vaga de incendios de 2006, no verán de 2016, o lume volveu tinguir de medo e negro os montes da comarca e de todo Galicia, con decenas de focos simultáneos que deixaron miles de hectáreas reducidas a cinza.
Todo empezou o luns 8 de agosto en Cotobade e o Monte Xiabre e, a partir de aí, durante unha semana ininterrompida lumes que no seu maior parte foron provocados devastaron terreos forestais. A segunda semana de agosto foi a máis dramática, pero ao longo do resto do mes e a principios de setembro houbo máis incidencias.
O incendio declarado entre Vilanova e Almofrei, en Cotobade, no que se declarou o nivel de alerta 2 por proximidade a núcleos habitados, foi o que alcanzou maiores dimensións na comarca e alcanzou tamén zonas do termo municipal de Pontevedra. Durante dous días mantivo en albas a miles de veciños, que rememoraron a catástrofe de dez anos atrás.
Especialmente dura foi a semana tamén para os veciños da parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. No seu caso, os lumes estiveron próximos ás casas durante máis dunha semana e finalmente derivaron na detención dunha veciña da zona como presunta autora de 16 lumes.
As parroquias pontevedresas de Lérez e Tomeza, Barro, Poio, máis zonas de Cotobade ou A Reigosa, en Ponte Caldelas, foron algúns dos puntos máis afectados. Neste último, ademais, foron localizados dous artefactos incendiarios dotados de paracaídas.
O día despois dos incendios na comarca
CC BY-NC-SA PontevedraViva
O incendio de Tenorio pasa a Pontevedra
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
A detida polos incendios de Ponte Sampaio en 2016 pide que se analice o seu estado mental
Por Natalia Puga |
-
O negro substitúe ao verde nos montes da comarca
Por Redacción |
-
Un incendio xa controlado calcina 30 hectáreas en Lérez, mentres en Cotobade desactívase o nivel 2 de alerta
Por Redacción & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Un incendio próximo a Soutomaior achégase a 200 metros das casas en Ponte Sampaio
Por Redacción | Creada e actualizada
-
"O lume viña e, por onde pasaba, devoraba todo"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Noite en vela por culpa dos incendios
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O lume de Cotobade pasa a Pontevedra e mantén en alerta as parroquias de Bora e Marcón
Por Redacción & Cristina Saiz & Diego Torrado |