Alfonso Rueda celebra un "éxito" que moitos vían "imposible" e o BNG saír "reforzado" do 25-S

Por Alejandro Espiño
Se nalgún lado celebrouse o resultado electoral en Pontevedra, ese foi na sede provincial do Partido Popular. Ata alí desprazáronse os cargos máis destacados dos populares pontevedreses para celebrar a terceira maioría absoluta que Alberto Núñez Feijóo logrou de forma consecutiva.
Un dos máis eufóricos era o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, que celebrou o "éxito" electoral do seu partido, especialmente tras lograr un resultado que "moitos, sobre todo non hai demasiado tempo, vían imposible".
Rueda destacou que o PP de Pontevedra logrou manter o "espectacular" resultado de 2012 e superou o 50% dos votos "en máis da metade dos concellos da provincia", duplicando os apoios obtidos por En Marea, que arrebatou ao PSdeG-PSOE a segunda praza en Pontevedra
"Galicia e a provincia de Pontevedra entenderon a mensaxe", afirmou o dirixente popular, apostando "pola estabilidade, a responsabilidade e o futuro".
Pero tampouco foi unha mala noite na sede do BNG de Pontevedra. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, celebrou que os nacionalistas derrotasen ás enquisas.
Pola súa banda, a coordinadora comarcal, Eva Villaverde, destacou que o proxecto do BNG mantívose "en pé" nestas eleccións. "Seguimos vivos, seguimos aquí loitando e temos capacidade para facelo", dixo, para engadir a continuación que tras dous procesos eleccións "moi complicados" os nacionalistas non só "mantivemos o tipo", senón que saen "reforzados".
Todo o contrario sucede na casa socialista. Pouco despois de coñecerse os resultados definitivos do 25-S, o secretario xeral do PSdeG pontevedrés, Santos Héctor, cualificou os resultados como "muy malo sin paliativos" e criticou o traballo realizado polo seu candidato, Xoaquín Fernández Leiceaga, como polos que apostaron por el.
"Este resultado es justo el contrario al que nos dijeron que íbamos a conseguir", sinalou o dirixente socialista, que engadiu que "solo Vigo paró a Partido Popular". Con estas declaracións reabren as feridas creadas no seu día no seo do partido tras a modificación da candidatura por Pontevedra por parte do Comité Federal do PSOE.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda, en PontevedraViva Radio: "Presentaremos á mellor persoa para optar á alcaldía en 2019"
Por Alejandro Espiño |
-
Santos Héctor evita pedir dimisións polo "fracaso estrepitoso" do PSdeG, pero si esixe responsabilidades
Por Natalia Puga |
-
Moreira, sobre o 25-S en Pontevedra: "El BNG ha recibido otro varapalo, es el tercero que recibe en menos de un año"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Tino Fernández, portavoz do PSOE: "Houbo pouca cordura e actitude desleal co candidato. Iso pagouse"
Por Redacción |
-
Quen serán os nosos deputados no Parlamento galego?
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra tínguese de azul: o PPdeG gaña en 60 dos 62 concellos; o PSdeG, na Illa e Fornelos
Por Alejandro Espiño |
-
"Galicia non vai parar", di un Núñez Feijóo que celebra que os galegos falaran "con sentidiño"
Por Alejandro Espiño |
-
Núñez Feijóo, imbatible: o PPdeG revalida a maioría absoluta e gobernará Galicia catro anos máis
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada