Villares acusa o PP de "roubar" a riqueza produtiva das rías en favor das multinacionais
Por Redacción
En Marea denunciou este mércores a intención do PP de aprobar "pola porta de atrás" un borrador de Real Decreto para roubar a riqueza produtiva das rías en favor das multinacionais e a minaría.
Así o asegurou en Cambados o seu candidato á presidencia da Xunta, Luis Villares, que se desprazou ata a vila do Salnés para manter un encontro coas mariscadoras e visitar a praza de abastos para coñecer de primeira man as necesidades e reclamacións do sector.
Durante estas visitas, os traballadores e traballadoras de ambas as dúas actividades trasladáronlle a Villares a situación na que se atopan tras os anos de políticas de "abandono e ataque" por parte do goberno de Núñez Feijóo e destacaron tamén o ameazados que se sentiron coa lei de acuicultura "que o PP tentou impoñer".
Agora, este Real Decreto é unha norma "que quere aprobar Rajoy e que leva a mesma senda que Feijóo de lexislar contra o sector e contra a xente", sinalou o candidato de En Marea, para o que "é inaceptable que o que a cidadanía galega parou na rúa enfrontándose cara a cara, agora queren colalo vía Estado e pola porta de atrás".
Luis Villares tamén visitou unha adega de Rías Baixas durante a súa estancia en Cambados. Alí, avogou por impulsar o cooperativismo en Galicia, porque este tipo de economía "non explota á xente" e nese sistema "todo o mundo vive dignamente do seu traballo" e se sinte "implicado e protagonista" do traballo que realiza.
Ademáis, En Marea comprometeuse a acabar co abandono do mercado por parte do goberno de Núñez Feijóo que "impuxo unha economía de casino especulativo que non se preocupou das empresas, da economía, do emprego nin do país".
Relacionadas:
-
En Marea chama aos galegos a ir a votar e "espallar a voz" de que eles son a alternativa
Por Redacción |
-
En Marea aposta pola política de coidados como un dinamizador económico e de garantía de dereitos
Por Oskar Viéitez |
-
Errejón pide un "gobierno de cambio" en Galicia que axude "a echar a vuestro paisano" da Moncloa
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
En Marea destaca que o seu papel na próxima Xunta será "fundamental" para Pontevedra
Por Redacción |