Ecos de sociedade
Por Redacción
O rei Felipe VI presidiu por primeira vez como monarca o acto de xura de bandeira e entrega de despachos da Escola Naval de Marín. Non estivo acompañado pola raíña Letizia.
O seu pai, o rei emérito Juan Carlos, tamén visitou Sanxenxo en varias ocasións durante o outono para gozar da vela deportiva pola ría de Pontevedra a bordo do seu novo barco.
Como un rei quedou o responsable de comunicación de Sanidade quen fixo unha declaración pública de amor o ir buscar a súa muller coma un cabaleiro andante.
Sanxenxo foi foco de noticias positivas durante os últimos doce meses, a pesar de perder varias bandeiras azuis nas súas praias, pechou un ano con cifras turísticas de record.
Tamén repartiu 5,7 millóns de euros coa lotería de Nadal. A administración número 1 vendeu 960 décimos do número 89.023, a maioría á cafetería California, que os distribuíu por toda España. Este quinto premio converteu á localidade na máis afortunada do sorteo deste ano en Galicia.
Este ano tamén nos deixaron, entre outros, o escritor Xosé Neira Vilas, o concelleiro Ricardo Aguilar, o médico Luciano García Alén, o poeta Carlos Oroza, José Luis Bóveda ou o pintor Miguel Aramburu.
E unha das imaxes do ano, deixouna o sol cunha eclipse que se poido ver con total nitidez desde Pontevedra.
Relacionadas:
-
VIDEO.- Chuvia de euros na cafetería California, onde toma café Rajoy cando está en Sanxenxo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O Rei acode sen Letizia á entrega de despachos á primeira promoción universitaria
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
"Una locura de mi marido... Como otras muchas"
Por Redacción |
-
Así se viviu a eclipse de Sol en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |