Jacobo Moreira sobe á piragua para reivindicar políticas para potenciar o río
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Subido a unha piragua o candidato do Partido Popular á Alcaldía, Jacobo Moreira, deuse un paseo polo Lérez como reclamo anunciar as súas propostas de potenciar o río.
"Tenemos que pensar en la tradición marinera de Pontevedra en navegantes como los hermanos Nodales que en el año 1619 circunnavegaron por primera vez la tierra", proclamou Moreira ao baixar da piragua. A celebración do cuarto centenario desta efeméride ten que ser un "evento convenientemente recordado", segundo apuntan os populares.
Ademais apuntou algunhas propostas como recuperar regatas de piragüísmo, abrir Pontevedra ao mar, aproveitar a chegada de cruceristas a Vigo para "llegar a acuerdos con los consignatarios para que se compren como paquete turístico venir a Pontevedra" e a partir de aí, o PP suma "potenciar o Camiño Portugués a Santiago" ou "aprovechar las tesis que apuntan que Colón es de Pontevedra", e outras tantas iniciativas que supoñen "todo un filón".
En materia turística o PP tamén considera que non ten sentido a duplicidade de oficinas de información que existen na cidade, entre as municipais e as da Xunta e Deputación, "eso desconcierta a los turistas".
Achegamos por atraer turismo con proxección internacional "porque fomentar o turismo non é que o alcalde faga turismo sinó atraer o turismo", concluíu Moreira.
Relacionadas:
-
Moreira reta a Lores: "Solo gobernaré si soy la lista más votada. Le pido que se comprometa a lo mismo"
Por Redacción |
-
Moreira planea un centro histórico como "continuación de la milla de oro" co Mercado como o seu "gran pulmón"
Por Alejandro Espiño |
-
Atraer investimento estranxeiro, máis axuda a emprendedores e potenciar a formación, eixes do Plan de Emprego do PP
Por Redacción |