Candidatos na Internet: Jacobo Moreira
Por Manuel Quiroga
Unha nova semana e unha nova análise. Con esta cuarta entrega chegamos ao ecuador do especial sobre o estudo da presenza na rede dos candidatos ao Concello de Pontevedra. Hoxe lle toca o turno ao Partido Popular, con Jacobo Moreira como candidato.
Na presenza na rede de Jacobo Moreira e compañía nótase que hai un partido grande detrás, o cal puxo toda a carne no asador para conseguir un concello que leva anos sen ter. Un claro exemplo de toda esta “carne” é a súa presenza en forma de sitios web. Por un lado, a páxina do partido serve como centralita da candidatura a cal posúe un diseño moi actual , cumplindo a normativa da W3C (World Web Consortium, o consorcio internacional que produce recomendacións para o Web) e é bastante accesible, xa que pese a ter 7 erros nos test de accesibilidade que lle pasamos, estes non son críticos nin importantes.
No outro lado, Jacobo Moreira ten un blogue persoal o cal, según nos contaron, actualiza el mesmo. Malia ser un sitio creado co xestor de contidos Wordpress, deu 8 erros nos nosos test de accesibilidade, polo que un votante con algún tipo de discapacidade visual pode ter problemas para acceder ao contido que escribe o candidato popular. Botándolle un ollo ao deseño da web do partido, é estrano ver como o blogue ten un deseño demasiado simple, algo que lle resta aos contidos a confiaza e seriedade que un sitio destas características debe ter.
Analizando o contido da páxina web e mais o do blogue, é necesario destacar como de clara e accesible que está a información. A páxina web ten o programa político á vista, explicado dunha maneira sinxela e cun índice que destaca os puntos máis importantes. A única parte negativa que atopamos é a ausencia dunha axenda, algo que aínda que potencian nas redes sociais, ten que estar na páxina dunha candidatura.
Mención especial merece o contido do blogue. Moreira é o único candidato que ten un blogue persoal onde conta, según o día, o que estivo a facer. É destacable non só pola iniciativa, senón porque o leva escribindo moito antes de que comezara a, mal chamada, pre-campaña electoral. Con este blogue, Moreira consegue achegarse ao votante dunha maneira que o diferencia exponencialmente ante o resto de candidatos.
Falando de redes sociais, a candidatura do Partido Popular está na maioría de redes que se pode estar: Twitter, Facebook, Google+, YouTube e Pinterest. Na rede do paxaro azul, Twitter, o PP posúe unha conta de partido e outra para o candidato. En ambas a publicación de contidos é constante pero, nembargantes, cometen un erro redundante en todos os partidos: duplican o contido nas dúas contas, algo que, como xa dixemos en anteriores análises, pode acabar saturando ao usuario. Pese a isto, a súa estratexia segue sendo notable, xa que consegueron que as súas contas en Twitter sexan o lugar no que te podes enterar de todo sobre a candidatura grazas aos gráficos, imáxenes e a participación do candidato na maioría das conversas.
En Facebook a estratexia é similar. A única pega que se lle pode por á súa presenza é a mesma duplicidade de contido comentada antes, xa que os que aparece na páxina do partido e a do candidato, repítese nos mesmos días e horas. Na parte positiva, o contido publicado é axeitado, xa que busca sempre a atención e participación do usuario.
Google+, Pinterest e YouTube son as outras tres redes nas que tamén está presente a candidatura de Jacobo Moreira. A primeira, Google+, está abandoada, algo que se pode entender se temos en conta a saúde da rede social de Google, pero ten a súa importancia xa que a publicitan mediante unha ligazón na páxina principal do partido. A presencia en Pinterest é anecdótica: baséase nuns pocos taboleiros con fotos da campaña, un uso a todas luces insuficiente xa que se podería aproveitar moito máis a plataforma, engadindo gráficos ou fotos interesantes para o usuario.
No caso de YouTube, o Partido Popular ten un pequeno lío montado. Pese a que a conta do candidato chamada “Le daremos la vuelta” está chea de vídeos interesantes e efectistas (o “contador de lombos” é un ataque directo á xestión actual) o sitio web do partido enlaza a outra conta con nome similar que ten únicamente vídeos antigos. O resultado? Unha perda do usuario ao non atopar todos os vídeos producidos.
Rematando a análise, está claro que a candidatura de Moreira supera con creces a todas as analizadas ata o de agora. O Partido Popular de Pontevedra ten unha estratexia notable que roza o sobresaínte, e iso non llo pode quitar ninguén.
Relacionadas:
-
RADIO.- Jacobo Moreira: "o fillo da mestra" que hoxe é deputado e tivo un pasado rocker
Por Marisa Ciordia |
-
Candidatos na Internet: Pilar Dopazo
Por Manuel Quiroga |
-
Candidatos en Internet: Carlos Maestro
Por Redacción |
-
Candidatos na Internet: Luis Rei
Por Manuel Quiroga |
-
Candidatos na Internet: Miguel Anxo Fernández Lores
Por Manuel Quiroga |
-
Candidatos na Internet: María Rey
Por Manuel Quiroga |
-
Candidatos na Internet: Agustín Fernández
Por Manuel Quiroga |
-
Candidatos na Internet: María Biempica
Por Manuel Quiroga |