As dificultades de mobilidade non serán obstáculo para ir a votar o 24-M
Por Redacción
As persoas con problemas de mobilidade non terán problemas para poder ir a votar o próximo 24 de maio grazas á colaboración de Cruz Vermella Pontevedra. A organización levará a votar a aquelas persoas que o solicitasen de antemán.
Segundo informa Cruz Vermella, operativo conta con dous vehículos de transporte adaptado en Vigo e dous en Pontevedra, que realizarán os percorridos, segundo previa planificación, ao longo da xornada electoral.
Esta acción diríxese a persoas con graves problemas de mobilidade, que se despracen en cadeiras de rodas ou que non poidan fan uso doutro tipo de transporte. O devandito servizo deben solicitalo previamente en Cruz Vermella, antes das dúas da tarde do xoves 21 de maio nos teléfonos: 986 85 21 15 e 85 20 19 en Pontevedra e 986 42 36 66 e 42 36 74 en Vigo co fin de que se poidan deseñar con anterioridade os percorridos do operativo.
Este servizo social é realizado habitualmente por Cruz Vermella con motivo das citas electorais. Os vehículos de transporte adaptado de Cruz Vermella están dotados de ancoraxes para cadeiras de rodas e plataformas elevadoras.