María Biempica propón que cada pontevedrés teña un espazo verde a menos de cinco minutos dá súa casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A candidatura de Tod@s por Pontevedra adícase estes días a explicar a cidadanía ou seu programa electoral, dividido en cinco seccións, primeiro amosa a súa visión, logo fai ás propostas "para un mellor goberno", e para crear emprego, avanzan a cidade que queren e, finalmente, un capítulo adicado ás parroquias.
Esta formación política que lidera María Biempica, defínese coma un "movemento cidadán pontevedrés que xorde como resposta á desesperanza creada pola partitocracia, que non é mais que a deformación sistemática dá democracia a onde temos chegado".
Esta fin de semana desvelaron a súa proposta para que cada pontevedrés teña un espazo verde a menos de cinco minutos dá súa casa non que poder descansar, pasar a tarde conversando ou asistindo a un concerto.
O seu concepto baséase nos exemplos de Bryant Park e Central Park en Nova York, Hyde Park en Londres ou El Retiro en Madrid.
"Non queremos que ás zonas verdes sexan simplemente sitios de paso senón que queremos que a herba sexa o elemento de uso prioritario, complementándoa con mobiliario urbano", sinalan. En definitiva queren "importar" a Pontevedra o concepto de "ir ao parque".
"Pasar unha tarde de primavera conversando cos teus amigos nun espazo público sen depender de que haxa unha terraza dun bar na que poder sentarse. Simplemente, usar a herba", di o partido de María Biempica.
A idea inclúe combinar eses espazos verdes con programación cultural enfocada tanto ao público infantil, como aos novos e á xente máis madura.
DESTAPAR O RÍO GAFOS
Tod@s por Pontevedra tamén propón destapar o Río dos Gafos ao seu paso polo parque de Campolongo e convertelo no gran parque dos Gafos, "no eixo verde de Pontevedra".
"Dentro do posible queremos eliminar todos os elementos que non sexan naturais, como o formigón ou as beirarrúas e unificar todas as zonas verdes que rodean o río", indican.