O PP e o PSOE critican o cómic dos nacionalistas
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Pontevedra saíu ao paso do cómic feito pola candidatura do BNG e emitiu un comunicado no que lamenta esta publicación "na que se mofan do seu socio de goberno Agustín Fernández (PSOE) e tamén do candidato do Partido Popular, Jacobo Moreira, do que se di que vén encher Pontevedra de corrupción".
Para o PP "o humor é bo e saudable, pero dubidamos de que aos máis de 10.400 pontevedreses que están no paro lles faga moita graza. A campaña de Lores e Mosquera insulta a todos os que non viven nun conto".
Tamén dende o PSdeG, o candidato á Alcaldía, Agustín Fernández criticou no seu perfil de Twitter a iniciativa do BNG
As campañas electorais fanse desde o respeto. Os socialistas facemos propostas, outros fan cómics @PsoePonte
— Tino Fernández (@tinoafg) Mayo 5, 2015
MEDIDAS EN MATERIA SOCIAL
O candidato do Partido Popular a Álcaldía de Pontevedra anunciou ademais a súa aposta por dar maior peso ao labor social no Concello.
Entre os seus proxectos está a creación dun centro integral para persoas maiores, potenciar a construción de vivenda protexida ou os descontos nos servizos municipais a familias numerosas.
Ademais promoverá a implantación do "Bonotaxi" para persoas con mobilidade reducida, a "praza exprés" diante das farmacias, o voluntariado e a axilidade na solicitude de trámites de axudas.