Marea Pontevedra reivindícase como "os que mellor escoitamos o berro de rebelión do 15-M"
Por Redacción
O candidato de Marea Pontevedra, Luis Rei, mostrou este sábado 2 de maio no Café Moderno o apoio por parte das agrupacións Podemos, Espazo Ecosocialista, Anova e Esquerda Unida para as próximas eleccións do 24 de maio.
Rei sinalou que o día dos comicios haberá oito candidaturas por Pontevedra pero só haberá unha candidatura que ocupe o espazo de "ruptura democrática" baixo o nome de Marea Pontevedra. E afirmou que a agrupación que lidera representa "os que mellor escoitamos o berro de rebelión do 15-M"
A coordinadora de Esquerda Unida e vicevoceiro de AGE, Yolanda Díaz, destacou a figura de Luis Rei como a dun intelectual que se puxo, ante a presenza dos sátrapas que ocupan o poder, en primeira liña e que sempre se caracterizou por ser un loitador e terse enfrontado ao franquismo.
A representante de AGE incidiu na importancia dos dereitos fundamentais e da defensa das persoas que non poden pagar a factura da electricidade ou dos nenos que teñen problemas de nutrición. Rematou a súa intervención sinalando que a candidatura de Marea será a do cambio político en Pontevedra.
No acto tamén interviñeron Chus Boo, vicecoordinadora de Espazo Ecosocialista; Antón Sánchez, coordinador nacional de Anova e deputado de AGE, ademais de Marcos Fontán, secretario municipal de Podemos Pontevedra.
Relacionadas:
-
"As empresas que xestionan servizos públicos non son ONG, fan negocio á nosa costa. Rescataremos as concesións”
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marea Pontevedra iniciará a súa campaña electoral ante a antiga sede da Xunta para reclamar un uso social a este edificio abandonado
Por Oskar Viéitez |
-
Marea aposta por unha xestión pública da auga e rebaixar o recibo nun 10 por cento
Por Alejandro Espiño |
-
Marea esixe a Lores o cesamento de César Mosquera polo "gran fracaso" do PXOM
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra dá por seguro que entrará na próxima corporación municipal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |