Anxo Santomé encabeza a lista do BNG en Cotobade "coa ilusión de darlle un cambio ao Concello"
Por Redacción
O Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas presentou a que vai ser a súa lista electoral para Cotobade, encabezada por Anxo Santomé.
O candidato á alcaldía, de 29 anos de idade, asegura afrontar o reto con "ilusión de poder darlle un cambio ao Concello".
Santomé entende que o municipio sofre un "efecto Feijóo", que define como "que parece que todo vai ben, o alcalde dá boa imaxe, pero en realidade non existe proxecto".
Anxo Santomé: "Estes catro anos o alcalde de Cotobade chamouse Louzán"
De feito o cabeza de lista do BNG cre que "estes catro anos o alcalde de Cotobade chamouse Louzán".
O número dous dos nacionalistas será Lino Moreira, secretario da Comunidade de Montes de Almofrei, seguido de Nuria González, Delmiro Durán, Iria Riveiro, Alberto Nogueira, Beatriz Torres, Sergio Rodríguez, Sonsoles Martínez, Isabel Fraga e José Riveiro, actual responsable do BNG local e que nesta ocasión será o encargado de pechar a lista.
Trátase, explicou Anxo Santomé, dunha candidatura "formada por un 60% de independentes froito do proceso de asembleas abertas".
Entre as súas reivindicacións encóntrase a creación dun centro de día, un servizo de teleasistencia para as persoas maiores ou un cambio no PXOM que actualmente se tramita e que supoñería "a morte de Cotobade", segundo explicaron na presentación da lista electoral.