Plural e chea de mocidade, así presenta Compromiso por Galicia a súa candidatura en Pontevedra
Por Redacción
Compromiso por Galicia (CxG) presentou a súa candidatura ás próximas municipais durante este luns 20 de abril, encabezada pola candidata á alcaldía, Pilar Dopazo. A cabeza de lista sinala que a formación está integrada por xente comprometida con Pontevedra, que representa a realidade plural do municipio con desempregados, estudantes, funcionarios e pequenos empresarios.
Segundo Dopazo, a maior parte dos compoñentes residen no rural de Pontevedra, ao igual que a propia candidata que é natural da parroquia de Lourizán.
A número un da lista sinalou que a proposta serve para elixir entre a continuidade dun proxecto esgotado e personalista como o do actual goberno ou polo cambio que unicamente representa Compromiso en Pontevedra. Desta forma, o obxectivo que a organización se formula para estes comicios é entrar no Concello para transformar o municipio e tamén dar a coñecer a marca de CxG para afianzar o seu proxecto no futuro.
Pilar Dopazo é presidenta da ANPA do Colexio de Praceres, Andrés Núñez Rajoy ocupa o número dous e foi xefe de servizo de produción agraria sustentable e sanidade vexetal na consellería do Medio Rural e actualmente traballa en Infraestruturas Agrarias en Pontevedra. A número 3 é Begoña Sanmartín, unha pequena empresaria. A lista complétase con Pablo Tortajada, Sheila González, Germán Solla, Adriana Varela, Francisco Eirín, Marcia Domínguez e o ex concelleiro do BNG, Manuel Fontán.
Relacionadas:
-
"Pontevedra máis bonita non pode estar. Pero se non teño para comer, de que me vale?"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Compromiso por Galicia: "O goberno de Lores so dá preferencia ao rural na inspección fiscal"
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Pilar Dopazo será a candidata ás municipais de Pontevedra por Compromiso por Galicia
Por Redacción |
-
Unha "brava do país" fronte a "actitudes do tempo de Queizán"
Por Oskar Viéitez |
-
Pilar Dopazo presentarase ás primarias de Compromiso para a alcaldía de Pontevedra
Por Redacción |