Miguel Anxo Fernández Lores, sobre las Festas de Verán: "En Pontevedra cada día do verán hai algo que facer ou ver"

Pontevedra
08 de julio 2024

Pontevedra busca con sus Festas de Verán "que todo el mundo tenga ou viva un momento especial". De ahí que el alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, se muestre convencido de que la ciudad vivirá un verano intenso y lleno de actividades  

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, con el programa de las Festas de Verán
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, con el programa de las Festas de Verán / Mónica Patxot

Pontevedra busca con sus Festas de Verán "que todo o mundo teña ou viva un momento especial". De ahí que el alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, se muestre convencido de que la ciudad vivirá un verano intenso y lleno de actividades.

"Calquera que vexa o programa atopará non unha, senón varias propostas ás que se achegará de primeiras. Se ademais quere descubrir novas cousas, terá onde escoller",, asegura Fernández Lores en esta entrevista con PontevedraViva

Como cualificariades estas Festas de Verán?

Como unha festas amplas e intensas, pensada para todos os públicos e para todos os gustos. Fan realidade esa idea de que Pontevedra ten un verán que non para.

Estades satisfeitos coa programación deseñada para este ano?

Claro. É unha programación moi diversa na que traballarán máis de 2.000 persoas e na que Pontevedra volverá facer mergullo no cinema, na música, no teatro de títeres, na animación de rúa… É difícil imaxinar unha programación destas características noutras cidades, unha programación onde cada día do verán hai algo que facer ou ver.

Hai dous sinais de identidade que se repiten. Ciclos para todos os públicos e de balde. Credes que definen o espírito das festas?

Si, entre outras cousas. Queremos que calquera veciño e veciña, calquera visitante tamén, poida gozar desta programación. Desde as crianzas até os nosos maiores. Hai de todo e todas as actividades son
de acceso libre. É importante manter ese espírito, xa que define o xeito de ser destas festas, que ademais da semana grande da Peregrina ao final vivimos tres meses case enteiros de actividades.

E tamén encher os espazos públicos de vida. Cada ano máis ámbitos da cidade convértense en escenarios das festas. Está a dar bo resultado?

É importante descentralizar as festas e as súas actividades e levalas até os barrios ou as parroquias. En Pontevedra sabemos e defendemos que o espazo público é un lugar para vivir e para gozar. É importante que se descentralicen moitas das propostas e poidas ter un concerto en Monte Porreiro, un festival en Xeve, en San Roque ou gozar no barrio do Burgo dunha programación de seu.

Coa cidade sempre chea durante as festas o movemento económico que se xera é innegable, non?

Hai ducias de empresas que traballan con nós para que isto sexa posíbel. A maioría delas da cidade, persoas que se volcan con toda a súa paixón para tecer entre todos este programa tan espectacular. Por suposto, isto tamén é un revulsivo económico para Pontevedra: calculamos que máis de 2.000 persoas traballan para facer realidade o verán pontevedrés.

 E, ademais, é todo un apoio ao sector cultural galego

Por suposto. Para nós é importante que as Festas de Verán sexan unha mostra da industria cultural galega. Só na semana da Peregrina teremos nove actuacións de artistas que son do país e que contan con cancións en galego no seu repertorio. Somos un país rico, un país que produce talento e ese talento ten que contar con escenarios para ser aplaudido e recoñecido. Pontevedra será un grande escenario para a cultura galega ao longo destes meses.

Fáltalle algo ás Festas de Verán?

Tratamos de escoitar, recoller opinións e continuar aprendendo, vendo as tendencias, procurando que todo o mundo teña ou viva un momento especial. Así debemos seguir. Non sabería decir se lles falta algo, o que si sei, é que estou convencido de que calquera que vexa o programa atopará non unha, senón varias propostas ás que se achegará de primeiras. Se ademais quere descubrir novas cousas, terá onde escoller.