Besteiro negociará con sindicatos e empresarios subir os salarios en Galicia "como mínimo" ata a media española
Por Alejandro Espiño
O terceiro "pacto de país" que lanza nesta campaña o candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, é o seu compromiso de negociar con empresarios e sindicatos que os soldos en Galicia aumenten "como mínimo" ata a media salarial española.
Segundo a última estatística do INE, o salario medio mensual do conxunto dos españois é de 2.118 euros fronte os 2.056 dos galegos, polo que Gómez Besteiro considera "prioritario" este asunto porque "é sinónimo de mellor economía, máis oportunidades e máis ambición de país".
Os socialistas defenden que "un salario digno é un dereito básico" e puxeron como exemplo a suba do salario mínimo a 1.134 euros, un 60% máis desde que Pedro Sánchez é presidente, fronte un PP "que prefire a precariedade dos traballadores".
Aumentar os salarios, segundo Besteiro, "é a mellor ferramenta para combater a pobreza, porque a experiencia demóstranos que a desigualdade non é compatible co benestar".
Outro dos compromisos adquiridos polo candidato socialista no marco deste acordo de país pasa por impulsar desde a Xunta medidas efectivas para a mellora da estabilidade laboral para os traballadores no emprego público galego.
Entre elas, comprometeuse a facer efectiva a implantación da xornada laboral de 35 horas para todo o persoal da administración galega, afrontar de maneira máis eficiente as xubilacións e captar talento nos procesos selectivos.
Tamén avanzou a actualización das ofertas públicas de emprego contando a totalidade de vacantes e xubilacións, así como "total transparencia" nas taxas de reposición e comisión de servizo, vacantes e listas de contratación.
Relacionadas:
-
Besteiro pon fin a quince días de campaña pensando nun cambio "ilusionante e seguro"
Por Alejandro Espiño |
-
O sistema educativo que propón Besteiro "non deixará a ninguén atrás"
Por Alejandro Espiño |
-
Patxi López critica en Poio "el nivel de incompetencia de la Xunta, que no atiende ni lo básico"
Por Oskar Viéitez |
-
Isabel Rodríguez advirte que a Xunta do PP "se escaquea" das políticas de vivenda
Por Alejandro Espiño |
-
Rescatar a sanidade pública e acurtar as esperas, o "gran acordo de país" que propón Besteiro
Por Alejandro Espiño |
-
Besteiro comprométese a buscar un acordo con empresarios e sindicatos para xerar 100.000 postos de traballo
Por Diego Espiño |
-
Gómez Besteiro inicia xunto a Pedro Sánchez "a semana da remontada do PSdeG-PSOE"
Por Marisa Ciordia |