Ana Pontón chama á mocidade a "rebelarse" o 18F "para pelexar e defender un futuro mellor"
Por Diego Espiño
A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, apelou este sábado á mocidade para rebelarse nas urnas da man da súa formación.
"Non vale quedarse na casa, nin vale de nada queixarse. O que vale é usar o poder do voso voto para expresarse, para rebelarse, para pelexar e defender un futuro mellor", sinalou Pontón en Santiago nun encontro organizado por Galiza Nova.
A representate do BNG destacou o papel protagonista que debe ter "a mocidade inconformista que quere algo máis que a Galiza gris que nos deixan 15 anos do PP".
"O que está en xogo é seguir co de sempre, catro anos máis de PP con Rueda como presidente, o mesmo que fixo que 200.000 mozos e mozas tiveran que marchar porque o único que vos ofrecía era paro ou precariedade, ou un goberno cunha presidenta do BNG preparada para poñer en marcha unha Galiza en grande", defendeu Ana Pontón.
A candidata nacionalista apostou por unha mocidade que poida ter o dereito a un futuro no seu propio país. Por iso quero ser a presidenta que poña en marcha unha Galiza que vos dea a oportunidade de facer realidade os vosos soños", declarou.
Pontón situou ao BNG como a mellor opción para a xente nova, á que pediu participar "en masa" o 18 de febreiro acudindo a votar para "facer realidade un soño de décadas de amor ao país e de confianza nas propias forzas" cun goberno nacionalista que constrúa unha "Galiza feminista, inclusiva, plural, na que cada quen poida ser o que queira e amar a quen queira amar".
O encontro organizado por Galiza Nova serviu para expoñer as principais medidas que recolle o programa de goberno do BNG para a mocidade, entre as que destacan a posta en marcha dun Plan de emancipación que ampliará as axudas destinadas ao pago do alugueiro, ou unha liña de axudas para a mocidade que se despraza por razóns de estudo e non ten contrato laboral.
Ademais o Bloque Nacionalista Galego aposta pola gratuidade das matrículas universitarias ou por mobilizar pisos baleiros para poñer en alugueiro vivendas a prezos limitados, así como a creación dunha bolsa de vivendas para estudoantes en colaboración coas universidades e a prezos alcanzables.
Relacionadas:
-
A patronal galega ve "amigables" as propostas económicas e industriais de Ana Pontón
Por Alejandro Espiño |
-
Pontón pide encher as urnas de votos ao BNG porque o cambio "está a unha presa de votos"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontón promete "o mellor goberno de todos os tempos" e advirte que "o cambio é imparable"
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pontón ve abertas as eleccións cun resultado que dependerá de que os indecisos "collan a papeleta do BNG"
Por Diego Espiño |
-
Luís Bará defende que o BNG "ten proxecto de goberno para devolver a esperanza a Galiza"
Por Redacción |
-
Pontón propón baixar o IVE dos alimentos básicos, libros de texto gratis e un bono transporte para axudar ás familias
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG, se goberna, comprométese a desenvolver unha nova lei galega da discapacidade
Por Redacción |
-
Reindustrializar Galicia cunha "aposta decidida" pola ciencia e a tecnoloxía, o compromiso de Ana Pontón
Por Alejandro Espiño |
-
Defenden que un goberno do BNG é a "mellor garantía" para os dereitos LGBTI+
Por Redacción |