Xuízos con xurado

09 de julio 2017
Actualizada: 18 de junio 2024

Artigo 125 da Constitución de 1978: "Los ciudadanos podrán participar en la Administración de Justicia mediante la institución del jurado, en la forma y procedimientos que la ley determine". No ano 1995 despuntaba o xurado popular en España, pragado entón de críticas que para min eran xa infundadas. "Que se eses cidadáns non teñen coñecementos, que se non son profesionais, que para que queremos xurados se xa están os xuíces, que se vai saír moi caro..."

Artigo 125 da Constitución de 1978: "Los ciudadanos podrán participar en la Administración de Justicia mediante la institución del jurado, en la forma y procedimientos que la ley determine".

No ano 1995 despuntaba o xurado popular en España, pragado entón de críticas que para min eran xa infundadas. "Que se eses cidadáns non teñen coñecementos, que se non son profesionais, que para que queremos xurados se xa están os xuíces, que se vai saír moi caro..."

Vintedous anos despois, o xoves pasado, 9 xurados declaraban unanimemente culpable de asasinato ao veciño de Moraña que matou brutalmente ás súas fillas en xullo de 2015 e, como consecuencia, a Maxistrada-Presidenta da sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra condenábao a cadea perpetua, que así se lle chama no noso país á prisión permanente revisable.

Creo profundamente no sistema penal español, alumeado pola doutrina alemana. Quizais por iso ou quizais pola miña adicación á avogacía durante anos, creo no xurado popular e, pese a ter estado presente o primeiro día do xuízo, non comparto a cadea perpetua. Non obstante e pese ás miñas crenzas, o xoves pasado sentín que se facía Xustiza, pola condena e pola dignificación da institución do xurado, tantas veces deostada.    

O xoves pasado, todos os cidadáns sentimos orgullo dos 9 homes e das 2 mulleres xóvenes que foron xurados por uns días e que fixeron o seu traballo como o máis brillante Maxistrado do Tribunal Supremo. Sentimos orgullo dese Fiscal -impecable sempre no seu labor diario- que rompeu a chorar cando remataba a súa intervención. Sentimos orgullo deses medios de comunicación que -pese a non ter nen sequera unha sala de prensa habilitada e ter que estar tirados polo chan da segunda planta da Audiencia Provincial, literalmente pegados a unha televisión de plasma- nos trasladaron segundo a segundo e da maneira máis profesional o que ocorría na planta baixa, condena incluída. 

E que xa era hora de crer nos xuízos con xurado!