Como queira que xa toquei este tema o 12 - 03 - 2018 con escaso resultado a xusgar pola nula repercusión daquela reflexión, non me estenderei moito nesta nova, eterna, aprezazón que tan pouco interese desperta na sociedade. É algo que tinha que dicir e dígoo sen agardar ren.
Moito se fala de paridade, igualdade, transversalidade, equidade, concertación, bla bla blá, bla bla blá no trato coa mulher. Non nos perdemos nin unha concentración cando asasinan a unha mulher. Os fotógafos, mal que ben, seguen acudindo a tirar a foto aínda que, cada vez con menos ansia. Logo de corear as frases de rigor tralo minutinho de silencio, os concentrados ímosnos de vagar co deber cumprido e a conciencia tranquila; ate a próxima.
Iso facemos os "catrodesempre", os demais nin iso. Mentres tanto segue a discriminación laboral, salarial, social. Segue a trata, o secuestro, o proxenetismo declarado ou encuberto; a misoxinia…A mulher cocinheira, limpadora, coidadora, nai e excrava da familia e da casa, non deixa de ser unha forma de esclavismo doméstico universalmente consentido.
Despois de todo isto, faise duro nestes tempos pasar pola praza da Cultura, San Xosé, os Músicos ou como lhe queiran chamar e ver aquelas dúas cadeiras baleiras no monumento da tertulia… é que acaso Rosalía ou Mª Victoria non son tan merecentes de sentar alí coma os outros seis?
Pode que o autor da obra fora algo misóxino ou amnésico pero…e os demais ? Propios e extranhos sentan alí e fanse fotos a cotío sen se decatar que o fan nun monumento idealizado, anacrónico pois a famosa tertulia nunca se deu na realidade. Entón que custaba, logo, incluir aínda que só fose, un 25% de mulheres ? E as pontevedresas ? non tenhen nada que dicir ? Seica non.
Sei que isto todo vai seguir como está, que ninguén esta polo labor de porse ó día pois, sabido é, que en Pontevedra se monta un monumental pifostio cada vez que se cambia algo aínda que sexa para ben.
De calquera xeito, bo Nadal a todos.