Vicio e agonía no Partido Popular

29 de enero 2023

 

Marín está afeito a que o tempo percorra a súas Ruas cun ritmo distinto, cunha arritmia singular e ben diferente da dos concellos que o limitan: os servizos, infraestruturas, plans, equipamentos sociais e sanitarios chegan a Marín cando xa a maioría dos concellos da contorna desfrutan deles dende hai tempo. Parece coma si o histórico tranvía a Marín XX se desviara ou detivera alo, pola praza dos Praceres, e chegara tarde a súa cita.

Mal e a rastro: ambulatorio tardío; aparcadoiros soterrados inexistentes; auditorio minguante; soterramento da avenida de Ourense – Praza de España invisíbel; piscina de San Pedro afundida na miseria; piscina portuaria en xestación; vivendas sociais no imaxinario metaverso Popular; PXOUM en hibernación fáctica ... e así un substantivo listado de casas e cousas que Marín necesita xa non para seguir medrando, existindo, senón mesmo para subsistir.

Van case 12 anos nos que os veciños de Marín decidimos que a temoeira do noso proxecto como comunidade fora María Ramallo e que a tripulación tivera a caderno ou o rol do Partido Popular.

Esa elección e incuestionable mais compre revisala nuns meses. É simplista e falso dicir que o PP de Marín no ten "feito cosas" mais o que teriamos que considerar non é tanto qué e canto fixeron, senón mais ben qué e canto fixeron nestes derradeiros 12 anos que teña sido relevante ou transcendente nas nosas vidas.

Hai dúas cousas nas que o Partido Popular de Marín é indubitado gañador e goleador: na xestión da súa imaxe e na elaboración de promesas das de "prometer, prometo". Fotos, foto-calls , roldas de prensa polo vo dunha mosca, eventos, festas, romaxes e feiras aculturalizantes,

O que nalgún ocasión xa criticamos como "circo" é unha das áreas de excelencia do goberno do P.P. a complementar , o "pan", e unha das maiores carencias dese mesmo P.P.: menos empresas, menos vivendas, menos emprego, menos poboación... menos ... de case todo o relevante. Sobor de todo menos xente, menos persoas , menos rapazada, menos cidadáns... pero; non temos que preocuparnos porque - como xa comentei no limiar - o tempo en Marín é distinto: prometeuno o Partido Popular e prometerá de novo que todo o que non fixo nas anteriores lexislaturas farano na cuarta, ou na quinta, ou ... "nun próximo futuro".

Remato, co voso permiso, cunha cínica achega que evidencia o xeito de facer do Partido Popular de Marín, o vicio do PP: prometo auditorio, prometo piscina urbana e , o pouco, aparecen insospeitados contratempos: auga. Solución: mais cartos, mais tempo, mais incerteza, menos poboación, menos cultura, menos calidade de vida...

Que fagan un refrito - fusión das dúas obras: xa que no auditorio "hai auga" aproveiten o burato , a achega gratuíta e permanente de auga e fagan un dous por un. Piscina no soto e auditorio enriba , sería un binomio perfecto de ocio – cultura, singular e que aportaría infinitas sinerxías a hostalaría de Marín... Que lles parece? . Se non fose porque a fago eu e a maioría me coñecen podía, sen rubor e con enxeño, patrimonializala o Partido Popular para o seu programa 2023-2027.

Namentres, entre tanto circo, Marín vai camiño da agonía.