Unha rosa de papel. Homenaxe a Javier Albatros

11 de abril 2024
Actualizada: 18 de junio

Todos naquela época tiñamos envexa de Javier Albatros, recentemente chegado de Norteamérica, cabalgando na cidade coa súa Harley Davidson, coa melena ao vento, traendo e esparcindo no ar os ventos do cambio de Bob Dylan a unha cidade triste e escura como era daquela nos tempos da Mona das Palmeiras. Eran tempos de procura de liberdade e cambio cultural e xeracional que Javier tamén representaba no tempo no que todos estabamos namorados de Janis Joplin e facer a ruta 66 montados nunha moto

Eran os finais dos setenta. Había na rúa de Vigo un salón de música, O PINO, no que pasaron os mellores grupos de música a nivel nacional e local, e alí fomos de estudantes a escoitar un grupo novo da cidade, os Royal Juventus Group. Foi alí onde coñecín a Javier Albatros, que era o cantante. Lembro que me gustou moito unha canción que cantaban, Rosa de Papel, que non lembro de quen era.

Todos naquela época tiñamos envexa de Javier Albatros, recentemente chegado de Norteamérica, cabalgando na cidade coa súa Harley Davidson, coa melena ao vento, traendo e esparcindo no ar os ventos do cambio de Bob Dylan a unha cidade triste e escura como era daquela nos tempos da Mona das Palmeiras. Eran tempos de procura de liberdade e cambio cultural e xeracional que Javier tamén representaba no tempo no que todos estabamos namorados de Janis Joplin e facer a ruta 66 montados nunha moto e cantar nun grupo de rock era a máxima aspiración e non nos importaba morrer aos vinte e sete anos como os nosos ídolos daqueles tempos de rebeldía, de amor e flores, e non á guerra de Vietnam.

Logo xa, como hostaleiro, foi pioneiro en que nos locais de música, xunto coas copas, houbese tamén actividades culturais de todos os xeitos e montou o Pub Albatros, primeiro con outra xente e logo xa en solitario. Facía exposicións de pintura; alí expuxo Manuel Moldes, de fotografía, e daba cabida a todo tipo de expresións culturais de vangarda. Despois dos concertos de Jazz da Ferrería, íamos todos a voltar a escoitalos ao pub. Tamén trouxo o primeiro Brumario Poético da Fundación Cuña Casas Bellas e foi no local onde se produciu o renacemento do mítico grupo pontevedrés Black Stones, aínda en activo. Fotógrafo, músico e artista, foi Premio Cidade de Pontevedra dos Valores Artísticos. Lembro unha exposición moi boa de collages e fotos do Outono en Boston nun local que xa pechou na rúa Manuel Quiroga. A derradeira vez que estiven con el foi nunha exposición con Tato Heredia no Liceo Casino e contoume, cheo de esperanza, que lle bulían na cabeza novas ideas que plasmar.

O vindeiro venres no Café Bizarro no Club Naval, o Ateneo e un feixe de amigos renderanlle unha merecida homenaxe a un persoeiro entrañable que soubo traer a modernidade á nosa cidade naquel tempo triste e escuro. É bo non dar ao esquecemento parte da nosa historia e dos persoeiros que dun xeito ou doutro deixaron pegada na cidade e fixéronnos a vida máis doada.