Un Partido Popular forte e con futuro

24 de febrero 2022
Actualizada: 18 de junio 2024

As crises, en todos os ámbitos da vida deben resolverse canto antes, en política tamén. Cando se trata de salvar diferencias, procesos de división e perda de confianza deben de atallarse o máis cedo posible. En política, o electorado castiga a división sempre e xeito sistemático e irremediable

As crises, en todos os ámbitos da vida deben resolverse canto antes, en política tamén. Cando se trata de salvar diferencias, procesos de división e perda de confianza deben de atallarse o máis cedo posible. En política, o electorado castiga a división sempre e xeito sistemático e irremediable.


O Partido Popular non é UCD, non é o CDS e tampouco é UPyD. Non ten nada que ver, nin moito menos.


Desde un punto de vista politolóxico e de modelo de alternancia política no poder, en consonancia cos países de tradición democrática de corte clásico, debemos defender a coexistencia de dúas grandes formacións políticas representativas da vontade popular e do espectro ideolóxico: unha forza política que aglutine ao centro-esquerda, de raíz socialdemócrata, e outra de centro-dereita, de corte liberal-conservador e reformista, que sexan capaces de dar estabilidade a un país e de garantir o Estado de Dereito e o principio de legalidade na actuación dos seus gobernantes. España non é un Estado fallido nin unha república populista, senón todo o contrario, é un exemplo de democracia madura, sólida e consolidada.


Igualmente, que non era bo para España que o Partido Socialista estivese en situación dunha grave crise de identidade, de liderato e mesmo ideolóxica, tampouco o é, para a estabilidade democrática, que o partido chamado a suceder no goberno ao PSOE estea sumido nunha profunda depresión sen alternativas de futuro claras.


Nesta hora e neste día en que o Partido Popular está a reescribir a súa historia reivindicándose como Partido con verdadeira vocación de servizo á cidadanía e con claras posibilidades de goberno, ten que sobrepoñerse aos acontecementos e ser quen de atopar unha saída que satisfaga a súa razón de ser como instrumento útil para o noso país e unha gran alternativa de futuro inmediato.


Ante isto, é fundamental que os militantes, todos, con responsabilidade de xestión no partido ou como simples afiliados ou simpatizantes, sexamos quen de dar unha nova mostra de máxima lealdade, desde unha posición de crítica construtiva, pero fieis aos nosos principios e sabedores de que o Partido como instrumento aglutinador está por enriba de todos nós e dos nosos intereses.


Apliquemos analogamente o camiño que levou ao PP á "Terra Prometida" despois do Congreso Nacional de Sevilla do ano 90 para seguir xerando ilusión, atracción e paixón no electorado, para continuar como referente forte, claro e solvente, un Partido recoñecible e capaz de sumar maiorías amplas de consenso coa cidadanía. Só así, cumpriremos o gran cometido que temos e dar cumprimento ao noso compromiso: servir eficazmente a España.

"Os bos e xenerosos a nosa voz entenden"… "Os tempos son chegados".