Visita á Misión Biolóxica de Galicia

31 de diciembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

 Neste pasado outono, un grupo de socios do CentroSocial Gorgullón visitamos as instalacións da Misón biolóxica de Galicia ( MGB ), organismo pertencente ó CSIC, onde se investiga encol da biodiversidade; en recuperar especies xenuínas das diferentes plantas de cultivo e a sua xenética

  Neste pasado outono, un grupo de socios do CentroSocial Gorgullón visitamos as instalacións daMisión biolóxica de Galicia ( MGB ), organismo pertencente ó CSIC, onde se investiga encol da biodiversidade; en recuperar especies xenuínas das diferentes plantas de cultivo e a sua xenética. Todos sentiamos moita curiosidade por coñecer á grande descoñecida, á MBG quen, a pesar de atoparse moi preto da cidade de Pontevedra -no pazo e finca de Gandarón, no lugar de Carballeira, Salcedo-.

Tan pronto chegamos, fumos recibidos por Pedro Peón Torres, vicedirector técnico de I+D+I, Internalización, transferencia e difusión que nos ofreceu unha interesante disertación arredor do elemento básico da investigación; as sementes.
 

  Despois conduciunos pola extensa leira amosándonos diversas xoias botánicas e tamén as cámaras de frío onde se conservan as distintas sementes.
 

  A visita sóubonos a pouco e quedamos en repetila a non tardar moito. O noso guía agasalhounos con bloc e boli "biomisión", tal como se apreza na foto. Grazas.
 

Damos grazas a todo o persoal da MBG e, especialmente a Pedro Peón pola súa xentileza e paciencia.
 

 Moito obrigad@s polo que foi toda unha experiencia cultural; científica e histórico - artística. Deica outra. 

Foto: Pedro Peón Torres