Sobe o ensaio de vacinas da gripe en Atención Primaria

11 de noviembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

A Agamfeca>, principal sociedade científica de Atención Primaria galega, vén de enterarse con sorpresa da posta en marcha dun estudo sobre vacinas da gripe en Atención Primaria (AP). Nese estudo vaise facer unha comparación dos resultados, como a necesidade de ingreso ou padecemiento de pneumonía, entre a vacina antigripal habitual e outra de alta carga

A Agamfec, principal sociedade científica de Atención Primaria galega, vén de enterarse con sorpresa da posta en marcha dun estudo sobre vacinas da gripe en Atención Primaria (AP). Nese estudo vaise facer unha comparación dos resultados, como a necesidade de ingreso ou padecemiento de pneumonía, entre a vacina antigripal habitual e outra de alta carga. Estes resultados terán influencia nas decisions de compra de futuras campañas de vacinación.
 

Temos unha representante na comisión de enfermedades inmunoprevenibles do Sergas e non ten coñocemento de dito ensaio. Non foi informada está comisión da realización do mesmo que se fai dende un instituto de investigación dirixido por un profesional con recoñecidos conflitos de interese coa industria farmacéutica e, concretamente, coas compañías fabricantes de vacinas.
 

Todo o estudo faise coa implicación dos profesionais de enfermería de AP que estarán ao servizo dos investigadores.
 

Parécenos perigoso que a Consellería, cada vez máis, teña profesionais asesores ao marxe das propias comisions creadas polo Sergas e que presentan no seu currículum unha dilatada e continua carreira de conflito de interese coa industria farmacéutica.
 

Dende Agamfec reclamamos transparencia e que as comisioós creadas pola administración sexan garantes de boas prácticas nos ensaios clínicos dos temas nos que teñan competencias.