'Si, hai saída' prega aos partidos políticos que non se utilice a violencia de xénero como ferramenta electoral

18 de mayo 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

A violencia de xénero, as súas vítimas , mulleres, fillos e fillas, non son estratexias ou ferramentas políticas, nin slogans de campaña. Son seres humanos con moita dor, con moito sufrimento as súas costas, que, en moitos casos, acabará por custarlles a vida

Atopámonos xa totalmente mergullados en plena campaña electoral, alomenos de xeito oficial, xa que na práctica, de maneira máis ou menos solapada, hai moito que comezou.

 

Todos somos conscientes de que, se hai algo que vende nestas circunstancias, é a violencia machista.

 

Cada campaña electoral asistimos a súa utilización, a da dor das súas vítimas, a da súa desprotección, da moitas veces máis que cuestionable, por non dicir deficiente, asistencia que se lles presta, e a como as diferentes cores políticas se reprochan estas eivas unhas aos outras, mentres se multiplican as promesas que, unha vez pasado o día D das eleccións, non pasarán de ser xustamente eso, promesas, que ficarán incumpridas ata que uns novos comicios as saquen de novo a luz e o proceso se repita.

 

Desde a Asociación Si, hai saída pregamos a todos e cada un dos partidos políticos que se absteñan desta utilización.

 

A violencia de xénero, as súas vítimas , mulleres, fillos e fillas, non son estratexias ou ferramentas políticas, nin slogans de campaña.

Son seres humanos con moita dor, con moito sufrimento as súas costas, que, en moitos casos, acabará por custarlles a vida.

 

Quen de verdade quere prestarlles a súa axuda, traballa para acadar solucións reais, e non para o seu proveito e para acadar os seus fins.

 

Todos e cada un de nos temos a obriga de respectalos e de non contribuír a maltratalos aínda máis utilizando a súa desgraza no propio beneficio.

 

Asociación Si, hai saída