Homenaxe a Nino Bravo

10 de mayo 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro,  percorremos o 1011 km. que hai para chegar ao lugar onde naceu Nino Bravo, Aielo de Malferit, municipio pertencente á Comunidade Valenciana, e sumámonos á homenaxe que lle queríamos facer contando coa colaboración dun veciño de Cerponzóns, gran admirador de Nino, o compositor e cantante, Enrique Alvite

O 16 de abril de 2023 cumpríronse 50 anos da triste desaparición física de Nino Bravo (Luís Manuel Ferri Llopis, coñecido artisticamente como Nino Bravo, nacido en Aielo de Malferit ou 3 de agosto do 1944 )

 

A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns (Pontevedra) súmouse á homenaxe a Nino Bravo.

Este ano 2023, foi declarado como Ano Nino Bravo por parte de Les Corts de Valencia por coincidir co 50 aniversario da morte dun artista irrepetible.

Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro,  percorremos o 1011 km. que hai para chegar ao lugar onde naceu Nino Bravo, Aielo de Malferit, municipio pertencente á Comunidade Valenciana, e sumámonos á homenaxe que lle queríamos facer contando coa colaboración dun veciño de Cerponzóns, gran admirador de Nino, o compositor e cantante, Enrique Alvite.

Este domingo pasado fixemos entrega no Museo dedicado ao gran cantante, dous dos seus temas máis famosos versionados por Enrique Alvite.

Ademais, no labor de investigación que realiza na hemeroteca do Diario de Pontevedra, o secretario da Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, Juan José Esperón, atopou dúas follas que eran dous anuncios publicitarios indicando que o día 3 de Febreiro de 1973, sería a actuación de Nino Bravo na Sala de Festas Avenida de Vigo, unha das súas últimas actuacións pouco antes do fatal desenlace ocorrido o día 16 de Abril.

 

A nosa achega foi depositada na "Colección Museográfica Permanente Universo Nino", onde están depositados obxectos persoais e profesionais cedidos pola familia, os fans e amigos de Nino Bravo.

 

Éstos son os dous temas de Enrique Alvite.