Homenaxe a Juanito, o Meregildo

13 de junio 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

A historia do noso veciño Juanito non é un feito illado. Moitos dos veciños de Cerponzóns, e de seguro algúns dos aquí presentes, viviron e criaronse canda Juan, nesa época da historia do noso país  na que persoas como él sufriron  burlas, acoso e agresións inhumanas pola súa condición sexual e non só iso, senón que lles aplicaba a Lei para facelos “merecedores” de ese trato. A chamada Lei de Vagos e Maleantes

Coa nosa participación hoxe aquí, sumándonos ás reivindicacións do movemento LGBTI QA+, desde a AVV O Chedeiro, queremos achegar o noso gran de area na transformación da sociedade na que vivimos cara a unha máis respetuosa e tamén, por qué non,  máis participativa, pois en actos como o de hoxe temos ocasión coñecer, reflexionar e, consecuentemente, apreciar e respetar outras formas de vivir o día día, que poden ser diferentes ás propias, pero non por iso son mellores ou peores.
Aproveito para dar as grazas por permitirnos estar hoxe aquí.
 
A historia do noso veciño Juanito non é un feito illado. Moitos dos veciños de Cerponzóns, e de seguro algúns dos aquí presentes, viviron e criaronse canda Juan, nesa época da historia do noso país  na que persoas como él sufriron  burlas, acoso e agresións inhumanas pola súa condición sexual e non só iso, senón que lles aplicaba a Lei para facelos "merecedores" de ese trato. A chamada Lei de Vagos e Maleantes.
 
Esta Lei, aprobada o 4 de agosto de 1933, formou parte da reforma penal da II República no referente ao tratamento de vagabundos, nómades, proxenetas e calquera outro individuo que puidese ser considerado polas autoridades como antisocial. Foi modificada pola Lei do 15 de xullo de 1954 para incluír a homosexualidade como conduta perigosa.
 
Nela dicíase que ós homosexuais había que telos encerrados para reeducarlos e así evitar que atentasen contra a moral daqueles tempos, xustificando a inclusión do estado perigoso de homosexualidade entre os demais estados perigosos por erixirse nunha pandemia de inmoralidade pública e privada.
 
Juanito o Meregildo, Juan Ucha Villaverde (Cerponzóns, 12/02/1923/)(11/09/2007), foi un home tranquilo, traballador (vendía froitas, legumes, galiñas, etc. nas feiras e tamén tivo un posto na praza de abastos), sempre cuns bos días ou unha palaba amable cos demais veciños de Cerponzóns.
 
Excepto cos cativos que se subían ós seus froiteiros para roubarlle as froita, hai que dicilo todo. A eles esperábaos pacientemente sentado a que se baixasen e seguramente os menos rápidos na escapada atrapaban unha merecida reprimenda.
 
Pero pese ao seu bo carácter, non foi un veciño mais naqueles anos, e non o foi porque era gai, gai recoñecido, pois nunca se escondeu, e como outros moitos homosexuais que viviron esa época, foi sinalado pola ditadura franquista como dexenerado, parasito, desviado, invertido, e vítima de agresións crueis mesmo por veciños que hoxe recoñecen eses comportamentos retrógrados nos que foron educados.  
 
Foi tal o desprezo cara á súa persoa e, se me permitides dicilo, a ignorancia sobre a súa condición sexual, que mesmo se lle chegou a condenar por deixar embarazada a unha veciña do lugar. Feitos que se confirmaron como incertos, pero despois de causar un dano irreversible.
 
Con motivo do centenario do o seu nacemento (Febreiro 1923) vimos xusto para Juanito compartir a súa historia, unha pequena homenaxe que chega tarde, que oxalá chegase a tempo de consolar o sufrimento que viviu aliviado unicamente polos seus propios choros, pero dando a coñecer a súa historia, esperamos que sirva de aprendizaxe e de camiño para construír unha sociedade amable para todos os que a formamos, una sociedade tecida cos fios da diversidade, sen cabida para actos opresivos ou vexatorios motivados pola condición sexual das persoas.
 
 
 
Liliana Casás Falcón
Presidenta da Asc de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns