Acaba de deixarnos Engracia Vidal. Profesora, ensaísta, dinamizadora e activista cultural (entre outras iniciativas, lémbrese de xeito destacado "Encrucillada, revista galega de pensamento cristián").
Sempre estivo comprometida con Galiza e coa nosa língua. Amosou permanente disposición a colaborar e participar nas tarefas culturais, en concreto as realizadas pola nosa asociación Maio Longo, en Pontevedra.
Defensora teórica e práctica do protagonismo da muller nos contextos da relixión cristiá e na sociedade en xeral, tivo un papel clave no deseño e posta en valor da galeguización neses ámbitos.
Engracia será inesquecíbel polo seu traballo, xenerosidade e compromiso!
Xosé Abilleira
Presidente de Maio Longo