Engracia Vidal Estévez, boa e xenerosa

27 de enero 2024
Actualizada: 18 de junio

Acaba de deixarnos Engracia Vidal. Profesora, ensaísta, dinamizadora e activista cultural (entre outras iniciativas, lémbrese de xeito destacado "Encrucillada, revista galega de pensamento cristián")

Acaba de deixarnos Engracia Vidal. Profesora, ensaísta, dinamizadora e activista cultural (entre outras iniciativas, lémbrese de xeito destacado "Encrucillada, revista galega de pensamento cristián").

Sempre estivo comprometida con Galiza e coa nosa língua. Amosou permanente disposición a colaborar e participar nas tarefas culturais, en concreto as realizadas pola nosa asociación Maio Longo, en Pontevedra.

Defensora teórica e práctica do protagonismo da muller nos contextos da relixión cristiá e na sociedade en xeral, tivo un papel clave no deseño e posta en valor da galeguización neses ámbitos.

Engracia será inesquecíbel polo seu traballo, xenerosidade e compromiso!
 

Xosé Abilleira
Presidente de Maio Longo