Día da Muller. Andrea Cascallar Fuentes

09 de marzo 2024
Actualizada: 18 de junio

Desde hai uns anos, na Asociación de Veciños O Chedeiro, quixemos sumarnos aos actos para celebrar o día 8 de marzo facendo un pequeno recoñecemento cada ano a unha veciña. 

Desde hai uns anos, na Asociación de Veciños O Chedeiro, quixemos sumarnos aos actos para celebrar o día 8 de marzo facendo un pequeno recoñecemento cada ano a unha veciña. 

Desde o primeiro momento tivemos claro que non estariamos faltos de candidatas, pois as vidas de moitas das nosas veciñas non dista moito da de tantísimas mulleres ás que a vida non llo puxo fácil, pero sairon adiante e hoxe todos podemos motivarnos coas súas historias de superación. En poucos minutos xa tiñamos en mente varios nomes para os primeiros anos.

O primeiro ramo de flores foi para nosa veciña Irene quen, moi nova e ao pouco de quedar viúva, pasou de ser nai dunha nena a ser nai de seis ao quedar orfas de nai moi pequeniñas as súas cinco sobriñas.

O segundo ramo xa case case estaba adxudicado, pero houbo sorpresas. A nosa precandidata vai ter que esperar un pouquiño polo seu ramo porque ao coñecer a noticia de que a nosa veciña Andrea Cascallar fora a primeira muller española en recibir o Eusflat Best PhD Thesis Award a mellor tesis de Europa polo seu traballo no CiTIUS, tivemos claro que este ano tiña que ser para ela.

A Irene e Andrea sepáranas uns 50 anos e obxectivos moi diferentes, pero úneas unha fortaleza e perseveranza que, pola motivación que nos contaxian a todas e todos, ben merecen ser recoñecidas.

Esta tarde, unha vez máis, o pracer foi meu como representante da comunidade veciñal e, sobre todo, como muller, de lembrar a outra muller que o seu esforzo e valía refórzanos a todas.

Andrea Cascallar Fuentes (Cerponzóns, Pontevedra, 1993) graduouse en Enxeñería Informática pola Universidade de Santiago de Compostela, no 2015.

Tras completar os seus estudos, acaba de gañar o Eusflat Best PhD Thesis Award. Ademais do prestixio que otorga ser merecedora deste premio, coñecido como o Óscar das teses doutorais, Andrea suma o orgullo de ser a primeira muller española en conseguilo e a terceira de Europa.

O premio acabado por Andrea foi concedido pola Sociedad Europea de Lógica Difusa y Tecnología para galardoar á mellor de todas as teses presentadas. Unha tese sobre o desenvolvemento, a investigación e a publicación de Protoformas cuantificadas borrosas para sistemas data-to-text realizada entre 2018 e 2022 no CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago).

Actualmente traballa, como científica de datos, desde o mes de outubro de 2022 na sede galega da multinacional estadounidense DXC Technonology.

A doutora Andrea Cascallar, realiza traballos de consultoría e servizos de tecnoloxía da información.

 

Liliana Casás, Presidenta da AVV O Chedeiro de Cerponzóns.