Desprezo da Consellería de Sanidade á Atención Primaria

06 de abril 2024
Actualizada: 18 de junio

A Agamfec ten que repetir, por desgraza, a súa oposición á medida que pretende asumir a Conselleria de Sanidade en contra do criterio do Ministerio de Sanidade

A Agamfec ten que repetir, por desgraza, a súa oposición á medida que pretende asumir a Conselleria de Sanidade en contra do criterio do Ministerio de Sanidade.

A falta de profesionais pola falta de planificación leva á toma de decisións que poden mesmo vulnerar a legalidade. Outra vez pretendese sen rubor considerar os residentes coma man de obra barata no lugar de profesionais en formación.

O feito de anticipar o fin da residencia para cubrir as vacacións dos titulares e mesmo a posibilidades de traballar en servizos de urxencias supón unha vulneración do período formativo, pero ten dúas manifestacións do desprezo á Atención Primaria (AP): por unha banda porque no cuarto ano é cando máis tempo pasan os residentes na consulta de AP co seu titor e semella que, como xa rotaron polo hospital, xa son médicos de familia de sobra, e ademais supón unha falta de consideración polo esforzo e dedicación dos titores ao seu labor docente, xa de por si sen ningunha consideración nin recompensa.

Coma sociedade científica que defende a excelencia da formación dos residentes e como titores que somos a maioría de nós, pedimos á Consellería que non asuma esta desconsideración cara á Atención Primaria e os docentes, se non quere que acabemos desertando desta tarefa tan mal recoñecida.