Desesperación da veciñanza de Leborei (Cerponzóns)

23 de agosto 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Seguimos igual, máis ben, peor. Todos os días igual, hoxe por exemplo, desde as seis da mañá tivemos balbordo.

Seguimos igual, máis ben, peor.

Todos os días igual, hoxe por exemplo, desde as seis da mañá tivemos balbordo.

Unha autocaravana atopouse con outro problema habitual, as súas medidas impedían seguir o traxecto cara á estrada de Villagarcía, pois aínda que a sinalización colocada polo Concello hai uns meses, indica claramente o ancho, peso etc…parece que non a ven.

E claro, ao querer dar a volta, móntase o lio, querer dar a volta nese tramo de vial conleva o problema que todos xa sabemos, atascos, roturas, cabreos dos veciños etc.

E mentres están a dar a volta, chega un camión e máis tarde outro e os veciños ás seis e media da madrugada desesperados e se saen das súas casas para indicarlles aos condutores que ese lugar está sinalizado para uso de residentes, rínselle nas súas caras.

Estás son as impresións de varios veciños e veciñas que nos están chegando á directiva da Asociación de Veciños O Chedeiro:

  1. 6:20 da mañá, esa caravana xa levaba mais adiante un bo intre, o que lle custou saír, porque pretendía dar aí a volta.
  2. Estamos peor que nunca,é un horror, aqui diante da miña casa hai cada balbordo,calquera dia tíranme o muro,de feito fai menos dun mes que o meu marido si non abre a porta, un camión coa esquina do mesmo tirábama abaixo, e non lles digas que é para residentes que se rien na túa cara.
  3. Á veciña que lle tiran as tellas, desta vez non llas romperon, rebentáronlle un anaco do tellado e a outra veciña arrincáronlle o buzon.
  4. Bos días, mira esa Caravana dando a volta na casa de Juan, o atasco que formou…
  5. Sabes unha cousa, Trafico vén os domingos polos que baixan da discoteca La  Luna, pero os demais días non os vemos por aquí.
  6. A que se forma no anaco do camiño xacobeo iso é outro show, ou apartas para as leiras ou che pasan pon encima, dálles igual e non che digo o perigo que se acentúa a primeiras horas da mañá, que é cando pasan máis peregrinos.
  7. Cando vou coa carretilla da herba poñense a pitar, non podo andar tranquila desde a miña leira hacía a miña casa, encaranse a min, dinme de todo.
  8. O meu marido, que levaba unha carga de herba, romperonlle o espello, nin pararon.

Asociación de Veciños O Chedeiro