Deficiencias do sistema de valoración VioGén

09 de noviembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xéneroi> queremos lanzar, unha vez máis, como vimos facendo desde hai case 10 anos, unha mensaxe de alerta acerca das máis que notables deficiencias do sistema de valoración de risco das vítimas de violencia de xénero VioGénb>, que, lonxe de servir de axuda, supón, en moitas ocasións, un agravamento deste risco para elas

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xéneroqueremos lanzar, unha vez máis, como vimos facendo desde hai case 10 anos, unha mensaxe de alerta acerca das máis que notables deficiencias do sistema de valoración de risco das vítimas de violencia de xénero VioGén, que, lonxe de servir de axuda, supón, en moitas ocasións, un agravamento deste risco para elas.

 

A pasada semana, en Getafe, Carolina era brutalmente asasinada a coiteladas pola súa ex parella.

Carolina estaba incluída no sistema VioGén, que valorou o seu risco como baixo, sendo desactivada a alerta no mes de Abril e non prestándolle, porén, a partir dese momento ningún tipo de protección, nin menos aínda facerlle seguimento ningún a súa ex parella, coma se a súa agresividade e o perigo que para ela implicaba tamén quedaran desactivados.

 

Froito deste desatino, Carolina é hoxe a vítima mortal número 52 desa macabra lista de mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que vai de ano.

 

Carolina pediu axuda, denunciou a súa ex parella, pero un algoritmo e un ordenador decidiron que o perigo que corría era mínimo, co tráxico resultado que xa todos coñecemos e que, a día de hoxe, despois da concentración, do minuto de silencio, e da foto de rigor, xa case ninguén recorda, agás os que a querían, os que a queren.

 

Desgraciadamente, isto é moito máis frecuente do que pode semellar, algo, reiteramos, que en Si, hai saída coñecemos ben, dado o noso contacto directo coas vítimas e do que vimos alertando desde os nosos inicios, hai xa case 10 anos, e do cal, malia falar por ter vivido esa experiencia en numerosas ocasións de primeira man, sempre se fixo caso omiso.

 

É un auténtico desatino e unha temeridade confiar a vida de tantas mulleres a unha máquina, porque esta é a realidade, a un test que formula unha serie de preguntas xenéricas, moitas delas ambiguas, o cal, unido en non poucas ocasións, á falta de experiencia do axente que está a levalo a cabo, como sucede durante as fins de semana, festivos e pontes, nos que non se presta servicio na Ufam (Unidade de Familia e Axuda a Muller), non contando, porén, con persoal especializado; á falta de previsión ou de tacto que fai que non se cuestione en absoluto ese resultado, sen ir máis alá, sen intentar sequera profundar no relato da vítima, que, como resultado do seu nerviosismo, do pánico que sinte, ou mesmo da vergoña, pode estar omitindo episodios e información fundamentais para que o xuíz dite unhas medidas de protección adecuadas para o seu risco real, cando non, todo hai que dicilo, a présa por rematar canto antes cuns trámites que resultan longos e tediosos, sen ter en conta que a vítima é quen máis está a sufrilos, converte este test, xa de por si ineficaz, nunha auténtica bomba de reloxería para a vida destas mulleres, como a experiencia está a demostrar, malia que se intente maquillar de eficacia é mirar a outro lado.

 

Así mesmo, é absolutamente intolerable e inmoral que, nin desde o Ministerio de Igualdade, o de Interior, e as FCSE non se estea a tomar ningunha medida ao respecto, mentres se están a gastar miles e miles de euros en campañas que, en tanto non se aborde a raíz do problema, resultan totalmente inútiles, e se estea, por outra banda, utilizando a violencia de xénero e as súas vítimas como ferramentas políticas, especialmente nestas datas nas que se achega o 25N, e como un negocio do mais lucrativo para moitos, algo isto que demasiadas mulleres están a pagar coas súas vidas.

 

Para rematar, unha vez máis non podemos deixar de suliñar que é imposible loitar contra a violencia de xénero única e exclusivamente desde os despachos e outorgando esta responsabilidade a persoas que ostentan cargos, concedidos moitas veces con criterios algo máis que cuestionables, pero que, por moita teoría que saiban, descoñecen por completo a realidade desta mortal lacra.

 

Asociación Si, hai saída